Blogues

Charla Informativa Sobre Acceso Á Universidade. Abau 2019.

 O presidente da CIUGA impartirá unha charla informativa o día  sobre a proba de acceso á Universidade (ABAU) así como o procedemento para solicitar Graos Universitarios.

Data: Marte 21 maio

Hora: 12:30

Lugar: Paraninfo do IES.Politécnico

 

Probas De Acceso Ás Ensinanzas Superiores De Deseño (Esad) 2019/2020.

Aberto Prazo Solicitude Para A Realización Das Probas De Acceso Ás Ensinanzas Superiores De Deseño (Esad) 2019/2020.

  • Solicitudes por vía telemática ou na propia EASD ata o 7 de xuño.
  • Realización da proba sustitutiva de Bacharelato (para quen non estea en posesión do título): 17 de xuño no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.
  • Realización da proba específica,3 de xullo na EASD Pablo Picasso da Coruña.

Máis información na seguinte ligazón: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20190513_acceso_deseno.pdf

Consello escolar do día 29 de Xaneiro de 2019

Visita Universidade de Vigo Alumnado de 1º de Bacharelato

O  27 de Marzo o alumnado de 1º de Bacharelato visitou algunhas das ensinanzas que se ofertan na Universidade de Vigo da rama Científica e Tecnolóxica. Tivemos a oportunidade de coñecer de cerca e experimentar  con investigadoras e investigadores das Facultades de Química, Bioloxía e Ciencias do Mar así  como debater co director da Escola de Enxeñería de Telecomunicacións os retos que nos plantexa un futuro que xa é realidade. Agradecer a imaxe térmica de grupo da charla de termografía da Escola de Enxeñería de Minas.
 

Alumnado Alemán, de Intercambio no Politécnico

Dezaseis estudantes e duas profesoras de Hamburgo participan neste proxecto de coñecemento do arte e os portos de ambas cidades, que cumpre a sua terceira edición, e que se completará coa visita de alumnos do Politécnico á localidade xermana o próximo mes de maio. Proxecto ERASMUS+

 

 

 

OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE PROCURA DE EMPREGO 2º FP BÁSICA

O alumnado de 2º de FP Básica  participou activamente na configuración dun Currículo e no desenvolvimento de dinámicas de simulación dunha entrevista de traballo. Queremos dar as grazas a Anabel e Paula de IDAE CONSULTORES.

Convocatoria Bolsas ERASMUS +para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

Abrese o prazo de presentación de SOLICITUDES de BOLSAS ERASMUS+  para PRÁCTICAS do alumnado de CICLOS MEDIO de FP.

O período serán dende OUTUBRO de 2019. O PRAZO DE PETICIÓN das BOLSAS rematará o VENRES 22 de FEBREIRO de 2019.

Coa finalidade de poder aclarar calquera DÚBIDA en relación coa SOLICITUDE DAS BOLSAS ERASMUS+, así como do seu contido temos programada unha CHARLA o MARTES 12 de FEBREIRO de 2019 no RECREO da da tarde, ás 19:20 h., na AULA D1 de DELINEACIÓN.

 

PROGRAMAS ERASMUS + "CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA - CICLOS SUPERIORES FP

 

Dentro dos PROGRAMAS ERASMUS+ que temos para o noso Instituto, abrimos unha nova convocatoria do programa CONVIDA A UN EXPERTO/A A TUA AULA. Calquera profesor que imparta docencia nun CICLO SUPERIOR DE FP   pode convidar a un TÉCNICO/A ou ESPECIALISTA dunha empresa ou institución doutro pais (paises da Unión Europea e algúns outros), para impartir unhas charlas ou experiencias sobre o que traballa ou é experto. Podes solicitalo dende hoxe e ata o 15 de FEBREIRO de 2019 empregando o  FORMULARIO 'ON LINE' .

PROGRAMA

Web: http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico

Consello escolar do día 11 de decembro de 2018

Obradoiro Competencias Socioemocionais FP Básica Electricidade

Ao longo deste mes desenvolverase un obradoiro   de Competencias Socioemocionales co alumnado de FP Básica de Electricidade.

Convocatoria Bolsas ERASMUS + Alumnado Ciclos Superiores

Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnado de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 22 de XANEIRO de 2019  as  11:30 h e as 19:20 h  na AULA D1 de DELINEACIÓN.

Bolsas ERASMUS+ para Persoal de Ciclos Superiores do IES POLITÉCNICO DE VIGO.

Abrese o prazo de Solicitude de BOLSAS ERASMUS+ para PERSOAL de CICLOS SUPERIORES do IES POLITÉCNICO DE VIGO.

O impreso da solicitude da bolsa  está accesible na páxina web de ERASMUS+ do Politécnico. LEMBRAR que o IMPRESO CUBERTO e a DOCUMENTACIÓN que se solicita debe ser presentada na SECRETARÍA do I.E.S. POLITECNICO de VIGO ata o MARTES 22 DE XANEIRO DE 2019 ás 13:00 horas    

                                   (http://erasmuspolitecnico.wixsite.com/erasmuspolitecnico/solicitude-bolsa-erasmus-persoal)

O MÉRCORES 16 de XANEIRO nas   horas de RECREO da mañan e da tarde haberá unha charla na SALA DE PROFESORES para aclarar calquera dúbida da convocatoria.


Parámetros de ponderación da ABAU 2019 - 2020 en Galicia

A CIUG publica os parámetros de ponderación correspondentes á parte específica da ABAU de 2019 que se terán en conta para o acceso á universidade no próximo curso 2019/2020.

Ligazón para imprimir os parámetros 2019/2020

 

Ponder Ac 19 by on Scribd

Consello escolar do día 9 de Octubre de 2018

O IES Politécnico de Vigo Triunfa en Galicia Skills

 Parabens ao alumnado do IES Politécnico de Vigo participante nas probas SKILLs galegas, así como aos seus titores e os profesores/as expertos/as. Noraboa polos excelentes resultados,e especialmente aos alumnos gañadores:

- Mª Jesús Baña Castiñeira pola súa medalla de prata en Instalacións eléctricas e.

- David Ucha Pérez, medalla de ouro en mecanizado e que polo tanto representará a Galicia no campionato de España 2019

Skills

 

 

 

 

Excursión a Galicia Skills de 4º da ESO

O noso alumnado de 4º da ESO foron a Silleda á competición de Galicia Skills a darlle sorte ao noso alumnado de Mecanizado e Electricidade que estaban a competir.

Distribuir contido