Blogues

Convocatoria do Proceso de Acreditación de Competencias profesionais en Galicia 2018

df

A Consellería de Educación publicou a orde do 29 de decembro de 2017, pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profe­sionais.

 

  • Prazo: do 10 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2018. 
  • A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion (activa a partir do 10 de xaneiro). 
  • Calendario 2018

PARA MÁIS INFORMACIÓN ACCEDE AOS SEGUINTES ENLACES:

Buscador de ciclos de FP por ocupacións

A Consellería de Educación da Junta de Andalucía ten na súa web un buscador de ciclos de formación profesional seleccionando a ocupación que che interesa. Se tes unha idea ou preferencia sobre a ocupación á que che queres dedicar, podes atopar desde esta sección as titulacións de FP que podes cursar e que a inclúen no seu perfil profesional.

LIGAZÓN:

SDSA

Concurso de Microrrelatos

Desde a comisión de igualdade informámovos que xa temos os microrrelatos premiados e que a partir de agora, comeza o período para ilustralos; o prazo vai do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro. Animádevos e animade ao voso alumnado a participar. 

Publicación das ilustracións premiadas: 6 de marzo

dfds

 

Microrrelatos premiados

Bases do concurso

«

Xa te podes anotar na bolsa de emprego

Bolsa de empleo politécnico

Xornada formativo-práctica MAQUINA FERRAMENTA CON M3MH

Jornadas

Día Internacional Da NON Violencia de Xénero

  ESPERÁMOSVOS!!

Non violencia

Simulacro No IES Politécnico de Vigo

Agradecemos á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo a súa colaboración na organización do simulacro do noso centro os días 7  e 8 de novembro.Agradecer tamén  a nosa compañeira de Emerxencias  e ao noso compañeiro de FP básica pola sua organización , aos alumnos do ciclo de prevención  e aos alumnos de FP básica pola organización previa , e a todos os membros da comunidade educativa pola súa colaboración .

Un CENTRO comprometido coa SEGURIDADE !!

 

dfdf

2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade"

O luns 23 de outubro comeza o prazo para participar na 2ª Convocatoria do Concurso de Microrrelatos "Pola Igualdade e Diversidade". Igual que o curso pasado, constará de dúas fases:

  • Presentación de microrrelatos: do 23 de outubro ao 30 de novembro (publicación de premios: 15 de decembro)
  • Presentación de ilustracións dos microrrelatos seleccionados: do 15 de xaneiro ao 27 de febreiro (publicación de premios: 6 de marzo

A lingua utilizada será o galego, utilizando un máximo de 150 palabras e incluíndo para esta convocatoria as palabras sexo, identidade e diverso. Pode participar toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, PAS e ANPA).


Os premios serán os seguintes:
- Mellor microrrelato e mellor ilustración: libro electrónico.
- Os 10 mellores microrrelatos e 10 mellores ilustracións: publicación dun libro.

 LIGAZÓNS:

Bases do concurso

cartel

Conselo escolar do día 14 de setembro de 2017

Convocatoria 101 bolsas de Práctica Laboral pola Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca 101 bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas tituladas universitarias ( 50 BOLSAS) ou de formación profesional de grao superior(51 BOLSAS). Prazo da presentación ata o 9 de outubro 

 Ligazóns:

Si tes dubidas   podes preguntar no   Servizo de Orientación laboral-profesional do instituto (despacho fronte á  M6  no corredor de mantemento).

Email: orienta.laboralprofesional@gmail.com

 

Consello escolar do día 27 de xuño de 2017

Convocatoria Bolsas Xerais do MEC para Estudos non Universitarios

O Ministerio de Educación publica a RESOLUCIÓN DO 3 DE AGOSTO DE 2017, DA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, POLA QUE SE CONVOCAN BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2017-2018, PARA ESTUDANTES QUE CURSEN ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS.PRAZO de presentación da solicitude ata ao 3 de outubro do 2017. 

LIGAZÓNS:

Consello escolar do día 25 de abril de 2017

Convocatoria das Probas de Acceso ás Ensinanzas Deportivas 2017

Publicouse  resolución pola que se convocan as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2017/2018 no DOG do 14 de xuño.

PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS:

 Do 15 de xuño ó 7 de xullo de 2017. 

LIGAZÓNS:
 
 

Convocadas Prazas nos Centros Residenciais Docentes para Estudos Postobrigatorios en Galicia 2017

Convócanse prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para cursar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2017/2018.

PRAZO ORDINARIO:
  • Para os solicitantes matriculados en BACHARELATO, entre o 12 de xuño e o 15 de xullo de 2017.
  • Para os solicitantes matriculados en CICLOS FORMATIVOS, entre o 12 de xuño e o 8 de agosto de 2017.
LIGAZÓNS:

Acceso e Admisión as Ensinanzas Profesionais de artes plásticas e Deseño 2017

Publicouse a Resolución do 30 de maio de 2017 coas instrucións para o acceso e admisión nos ciclos medios e superiores de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2017/2018 en Galicia.

LIGAZÓNS:

 

O Noso Alumnado de 1º de Prevención de Riscos na súa Práctica de Extinción de Incendios.

O alumnado de  1º de Prevención de Riscos Profesionais preparados para apagar calquera lume. 

 

 

 

Consello Escolar do día 24 de Xaneiro de 2017

Distribuir contido