Blogues
Ofertas de Emprego e Novo Portal de Emprego do Estado
Enviado por charo.cid o Mar, 18/04/2017 - 17:49Acreditación de Competencias 2017. Publicación das Listaxes Definitivas de Admitidos e Excluídos
Enviado por charo.cid o Mar, 04/04/2017 - 17:13Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.
Axudas para un Curso Intensivo de Inmersión Lingüística en Inglés.
Enviado por charo.cid o Ven, 17/03/2017 - 13:04Convócanse ata 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017. Destinados a estudantes de Bacharelato, ensinos profesionais de música e danza Grao medio de Formación Profesional, grao medio de artes plásticas e deseño, grao medio de ensinos deportivos e ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado. Prazo ata o 20 de abril de 2017
Listas para Persoal Interino e Contratación temporal de Persoal Laboral da Xunta de Galicia.
Enviado por charo.cid o Mar, 14/03/2017 - 20:01Áberto o prazo ata o 15 de xullo do 2017 para inscribirse nas listas de persoal interino, para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios, e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Plan de Práctica Laboral en Concellos e na Deputación de Pontevedra
Enviado por charo.cid o Mar, 14/03/2017 - 19:33Convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral para a deputación e os concellos da provincia de pontevedra, ano 2017.Destinadas a persoas con títulos universitarios ou de ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
III Concurso de Fotografía MatemáticaI
Enviado por sabelapardo o Lun, 13/03/2017 - 11:07Descarga as bases do III concurso-exposición de fotografía matemática
Pódense ver exemplos doutros concursos de fotografía matemática nestes enlaces:
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/
http://www.escolapiosaluche.es/archivo/seminarios/artistica/3_foto_mate.pdf
http://matemolivares.blogia.com/temas/fotografia-matematica.php
Microrrelatos premiados
Enviado por charo.cid o Sáb, 11/03/2017 - 14:30Parabéns ás persoas premiadas, moito talento hai no IES Politécnico.
8 de Marzo, día da muller traballadora
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:39A área de Igualdade do IES Politécnico organizou actividades para todos os niveis educativos. ¡Participa e Reflexiona!
Educar na Igualdade non é unha opción é unha obriga
Xóvenes vigueses dan a cara polo feminismo
CARNÉS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS CONVOCATORIA 2017
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:38Convocatoria 2017 carnés e habilitacións profeionais . Prazo convocatoria ordinaria desde o día 2 ao día 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos. Prazo convocatoria extraordinario desde o día 3 ao día 14 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos.
Máis información na seguinte ligazón http://www.edu.xunta.es/fp/carnes-profesionais
EMPREGALIA 2017
Enviado por charo.cid o Lun, 06/03/2017 - 10:30Feira do Emprego de Galicia na estación marítima de Vigo os días 10 e 11 de marzo de 2017.
O venres 10 de marzo o horario será de 9:30 a 20:00 horas e o sábado 11 de marzo de 9:30 a 13:30 horas.
Entroido 2017
Enviado por sabelapardo o Ven, 03/03/2017 - 12:07CURSO EN LIÑA NIVEL BÁSICO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
Enviado por charo.cid o Lun, 06/02/2017 - 12:35Curso en liña Nivel Básico de prevención de riscos laborais ofertado polo ISSGA ( Instituto Galego de Seguridade y Saúde Laboral) .Curso de 60 horas, gratuito .Formación necesaria, en moitos casos , para acceder ao mercado laboral. Data de inscrición do 13/2/2017 ao 23/2/2017. Selección por orde de incrición.Tedes mais información de cursos de nivel básico de prevención tanto en liña como presencial na ligazón do ISSGA
LIGAZONS
http://issga.xunta.es/portal/index.html
http://issga.xunta.es/portal/contido/formacion/en-lina/index.html
https://egap.xunta.es/matricula/login.php
CONCURSO DE MICRORRELATOS POLA IGUALDADE
Enviado por charo.cid o Mar, 31/01/2017 - 12:17A Área de Igualdade do centro convoca , co obxectivo de promover a igualdade entre homes e mulleres, un concurso de Microrrelatos no que toda a comunidade educativa podemos participar .Animádevos!
Selección de persoal para o programa "Vigo Emprega 2017"
Enviado por charo.cid o Lun, 30/01/2017 - 10:43O Concello de Vigo, ten previsto a contratación de 128 persoas desempregadas, empadroadas en Vigo, para o desenvolvemento de obras de interese social e municipal.Entre elas demandan :un auxiliar de topógrafo, un técnico de Prevención de Riscos Laborais e un Delineante. Prazo solicitude 3/2/2017.
Consello escolar do día 13 de decembro de 2016
Enviado por leites o Mar, 24/01/2017 - 22:20CURSOS DE INMERSIÓN EN LINGUA INGLESA
Enviado por charo.cid o Xov, 19/01/2017 - 15:25O Ministerio de Educación e Ciencia convoca 14.000 axudas para seguir un curso de inmersión lingüística en inglés organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Prazo de solicitude aberto ata o 16 de febreiro do 2017.
REVÁLIDAS
Enviado por leites o Mar, 17/01/2017 - 20:47ORDE EDC/1941/2016 de 22 de Decembro pola que se determinan as características, o deseño e o contido da avaliación de bacharelato para o acceso a universidade, as datas máximas de realización e de resolución dos procedimentos de revisión das calificacións obtidas para o curso 2016/17
RD 5/2016 de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implantación da LOMCE
Enviado por leites o Mar, 17/01/2017 - 20:42CONVOCATORIA ABERTA DE BOLSAS ERASMUS +
Enviado por charo.cid o Lun, 16/01/2017 - 10:56
Convocatoria aberta de bolsas ERASMUS+ para alumnos de CICLOS SUPERIORES. Para poder aclarar calquera dúbida están programadas DUAS CHARLAS o MARTES 17 de XANEIRO de 2017 nos RECREOS da mañá (11:30 h) no SALÓN DE ACTOS do IES.politécnico de Vigo, e pola tarde no recreo das 19:20 h. na AULA D1 de DELINEACIÓN.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- seguinte ›
- última »