Unha alumna do MGB recibe unha beca para EEUU

A alumna do MGB, Paula Romero Bermúdez, conseguiu unha beca para pasar un ano académico en Estados Unidos. Esta beca pertence ao programa de becas High School da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega.

Esperamos que a súa estancia sexa agradable e proveitosa. NORABOA.

Charla Dep. Orientación sobre as novas PAU e títulos de grao

Logo da charla realizada polo Departamento de Orientación, concretamente polo profesor Augusto Otero, para nais e pais de alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de BAC sobre as novas PAU e os títulos de grao, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado pinchando AQUÍ.

Reseña de prensa.

Estrea de Dairas o 23 de xuño no Teatro Principal

Hoxe presentamos aquí un avance da curtametraxe de animación creada polo Taller de Creación artística do MGB, dirixido polo profesor Miguel Carbajal. A súa estrea terá lugar o vindeiro mércores 23 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal da Estrada. Se queres saber máis sobre o proxecto visita o blog de "Dairas".
 

Resolución inmersión lingüística

Orde pola que se resolve a adxudicación das axudas dirixidas ao alumnado para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010.

Tribunais oposicións secundaria

Resolución pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega e o procedemento selectivo de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario.

Subidas as fotos do acto de entrega de premios de Aspamite

Xa están dispoñibles nesta galería de imaxes, as fotos do acto de entrega de premios do concurso de contos Aspamite. Podedes ler tamén dende aquí a nota de prensa aparecida no Correo Galego.
4678245756_3b69dc4679.jpg

Folga 8 de xuño servizos mínimos

Decreto polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de xuño de 2010.

Visita do futuro alumnado de 1º de ESO

O vindeiro mércores 9 de xuño visitará o noso centro o alumnado que actualmente cursa 6º de Primaria no CEIP "Pérez Viondi". Realizaráselle unha visita guiada polas instalacións e explicaráselles o funcionamento xeral do centro.

Vídeo da viaxe a Londres

Despois da "premiere" que tivemos este recreo na Aula de Música, aquí tedes o vídeo da viaxe a Londres dos alumnos de 4º de ESO.

Xornada atención pais/nais mércores 9 de xuño

Neste arquivo expóñense os temas sobre os que se informará aos pais/nais dos alumnos deste centro o mércores 9 de xuño.

Proba de galego nas oposicións

Resolución pola que se fai pública a data, a hora e o lugar en que se realizará a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso e acceso aos corpos de mestres e profesores de ensino secundario.

Reseñas na prensa do Acto de 2º de Bacharelato da semana pasada

A prensa local tamén se fixo eco do Acto de despedida de 2º de Bacharelato:

Subidas as fotos do acto de despedida de 2º de Bacharelato

Xa están dispoñibles na nosa galería as imaxes do acto de despedida dos alumnos de 2º de Bacharelato, realizadas polos profesores Miguel Bugallo e Magaly Barreiro, que podedes ver tamén en modo presentación.
4655135987_a2a87e2331.jpg

Xornada sobre a situación da educación en Galicia

A Dirección do Centro participou na Xornada o sábado 29 de maio no Teatro Principal de A Estrada, onde se puderon intercambiar ideas e opinións sobre o ensino.

Noraboa polo éxito acadado aos organizadores: FANPA e FESANPAS, en colaboración co Concello.

Manuel Brea, gañador do campionato de xadrez

Manuel Brea, alumno de 1º de ESO A foi o gañador do campionato de xadrez do MGB, cuxa final se desenvolveu o venres 28 de maio. Como xa se ten dito, a final foi moi disputada e até o último momento ningún dos contendentes dispoñía dunha vantaxe clara.

Neste enfrontamento o nivel de xogo tanto do campión como do outro finalista, Sergio Pampín (2º ESO A), foi en xeral alto, e se ben nalgún momento a precipitación ten tido algunha presenza, cómpre salientar a capacidade dos contendentes de elaborar estratexias para intentar sorprender o rival.

O derradeiro enfrontamento foi breve, trepidante, e unha xogada das brancas de Manuel Brea, pola cal o xaque-mate non admitiu calquera tipo de contestación por parte das fichas contrarias, foi o elemento definitivo dunha final que será lembrada pola intelixencia e habilidade con que foi disputada polas dúas partes.

xadrez 4.jpg
Distribuir contido