Dairas en Curtopía 2010

Dairas foi seleccionada na Mostra do I festival Internacional de curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. Este feito podería supoñer tamén a participación dos membros do noso equipo nunha mesa-coloquio xunto a profesionais da animación. Aínda non hai datas definitivas, pero será no mes de novembro. Podes seguir as últimas novas deste certame a través do seu blog.
Captura+de+pantalla+2010-09-28+a+las+11.06.47.png

Auxiliares de conversa para inglés e francés

Durante este curso académico 2010/2011, o MGB contará con dous auxiliares de conversa, un para lingua inglesa e outro para lingua francesa.

Probas de Selectividade setembro 2010

O MGB presentou 14 alumnos ás probas de Selectividade de setembro, dos cales 8 foron considerados aptos e 6 non aptos, o que supón o 57,1 % do total. Unha media de aprobados lixeiramente superior á media galega (55%).

Peregrinación a Santiago

O vindeiro martes 28 de setembro alumnado dos tres IES da nosa zona educativa realizarán unha peregrinación a Santiago.

*Imaxe por JexWeber en Flickr 

4898071294_24b3ab212c.jpg

Premios innovación educativa

Orde pola que se convocan premios á innovación educativa para profesorado de ensino non universitario.

Invitación á entrega de premios do XV Festival de cine de Ourense

Os compoñentes do Taller de Creación Artística acudirán o vindeiro 5 de outubro á invitación da entrega de premios do XV Festival de cine internacional de Ourense (sección Ouff Escola) pola súa participación neste certame coa aportación dunha curta de animación en plastilina: "DAIRAS" coordinada polo profesor Miguel Carbajal conxuntamente con outros docentes.

ouff_ourense.png

Resultados avaliación setembro 2010

Premer aquí para ver en gráficos cantos alumnos hai con ninguna, unha, dous, tres o máis de tres materias suspensas na avaliación extraordinaria do curso 2009-2010.

Acto de recoñecemento aos "mellores expedientes"

O pasado 9 de xullo os alumnos de 2º de Bacharelato Alejandro Cabal Tato e Paula Leis López asistiron en Santiago ao acto de recoñecemento aos  mellores expedientes académicos de Bacharelato, acto organizado pola USC.

Os nosos parabéns.

mellore_expedientes_2010.jpg

Programa de libros de texto

Orde pola que se convoca e se regula a reposición do programa de libros de texto naquelas materias que non cambien de idioma. Orde pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto naquelas materias que cambien de idioma.

Apertura curso escolar

Venres 17 de setembro ás 11.45 h., inauguramos o curso escolar 2010-2011 cunha conferencia na sala de usos múltiples a cargo do escritor estradense Xosé Manuel Martínez Oca. Invitación para toda a comunidade educativa.

Centros plurilingües

Orde pola que se regulan, con carácter experimental, os centros plurilingües na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2010/2011.

Modificacións regulamento IES

Orde pola que se modifica parcialmente a orde do 1 de agosto de 1997, pola que se ditan instruccións para o desenvolvemento do Decreto 324/1996, polo que se aproba o regulamento orgánico dos IES e se establece a súa organización e funcionamento.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2010

Xefatura de Estudos ven de publicar o calendario de exames de setembro. Para descargar o arquivo, premer aquí.

Observatorio da Convivencia

O próximo mércores 30 de xuño haberá unha reunión final do curso 2009-2010 do Observatorio da Convivencia.

Consello Escolar

O mércores, 30 de xuño, ás 12 horas, reunirase en sesión ordinaria o Consello Escolar do centro.

Distribuir contido