Felicitación do Conselleiro polo premio Crearte

O Conselleiro de Educación, Sr. Jesús Vázquez Abad, vén de enviar unha felicitación á Dna. Giséle Maïssa, directora do MGB, onde lle transmite "a súa noraboa persoal e da Consellería polo premio Crearte, que supón para o MGB a consideración de centro creativo de referencia nacional para o Ministerio de Cultura, sendo o primeiro instituto galego en acadar este recoñecemento". Podedes ler aquí a carta completa.

Eleccións Consello Escolar

O martes 26 de outubro, ás 12:25 horas, farase na Secretaría a elección por sorteo dos compoñentes da xunta electoral que regulará o proceso de renovación parcial do Consello Escolar. O mércores 3 de novembro, ás 12:25 horas, constituirase a Xunta Electoral no despacho da Directora.

O Día da BE na MeGaBiblioteca

O venres 22 celebramos o Día da Biblioteca escolar con dous agasallos: a entrega dos carnés aos alumnos, persoal non docente e profesores e unha larpeirada.

As 500 magdalenas repartidas tiñan sorpresa... cada unha levaba unha frase diferente no seu interior ,coma as galletas chinas. E, nos corredores, uns carteis lembraban o comezo de Á busca do tempo perdido en diversas linguas.

Podedes observar na galería de fotos o acontecemento.

Magdalenas na MegaBiblio.jpg

Xadrez no MGB

Todos os martes e venres nos seus dous recreos desenvólvese a actividade de xadrez, impartida polo profesor don Ramón Aller. Algúns participantes nesta actividade anotáronse no" Programa Xogade 2010-2011". En maio realizarase o II Campionato MGB de Xadrez (competición interna)

Proxección de "Dairas"

O sábado 30 de outubro  ás 21 h. no Teatro da Estrada proxectarase a curtametraxe "Dairas".

Parabéns a todo o equipo polos premios acadados.

"Dairas", gañadora dos premios Crearte 2010

"Dairas", a curtametraxe de animación stop-motion do Taller de Creación Artística do MGB vén de recibir un novo galardón.

Neste caso trátase dos Premios Crearte 2010, convocados polo Ministerio de Cultura para o fomento da creatividade no ensino secundario (modalidade B, BOE luns 15 de marzo de 2010).

O premio consta dunha dotación económica de 23.000€ e dunha acreditación do Centro por parte do ministerio de educación como "Centro Educativo Creativo".

Na imaxe podemos ver aos profesores que forman parte do proxecto: Miguel Carbajal, Xoan Xosé Pérez, María Varela e Álvaro P. Vilariño.

Unha vez máis, noraboa a todo o equipo!

Podedes ver as reseñas aparecidas na prensa:

premios_crearte.jpg

Nota informativa para pais/nais de 4º de ESO

O próximo martes 26 ás 18.15 h. haberá unha reunión, sala de usos múltiples, para concretar aspectos da viaxe de estudos que realizará no presente curso académico o alumnado de 4º ESO

Actividades

O próximo martes 26 impartirase unha charla sobre "Motivación emprendedora" para os alumnos de 3º ESO da materia Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras ( 4 e 5 h.)

O venres 5 de novembro desenvolverase outra charla sobre o mesmo tema para os alumnos de Economía e 2º de BAC (4 e 5 h.)

Martes 9 de Novembro (5 e 6 h.) realizarase unha conferencia sobre " Doazón e transplante de órganos" para todo o alumnado de 3º ESO

12 de novembro MAGOSTO (5 e 6 h.)

Día da Biblioteca Escolar, 22 de outubro

O venres 22 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. A MeGaBiblioteca invítavos a que a visitedes ese día: podedes sorprendervos!

Hai un mundo de posibilidades e ti terás a chave!! 

cartel_def_10.jpg

Claustro extraordinario

O mércores 20 de outubro, ás 12:25 horas, terá lugar unha reunión de carácter extraordinario do Claustro de profesores.

Animais artificiais

Este é o novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB. Trátase dunha curtametraxe, inspirada na obra teatral de Ana Vallés "Animales Artificiales".
Podedes seguir paso a paso este proxecto dende o seu blog http://animaisartificiaismgb.blogspot.com/
animais_artificiais_bis.png

Avaliación de diagnóstico

Orde pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Calendario exames recuperación Pendentes

Xa están postas as datas para os exames de pendentes. Nos arquivos adxuntos tedes as correspondentes aos exames trimestrais da ESO, e das probas de xaneiro de Bacharelato. Lembrade que os exames finais serán na primeira semana de maio.

Probas da ESO.

Probas de Bacharelato.

Consello Escolar

Convócase para o luns, 18 de outubro, ás 10:25 horas, un Consello Escolar extraordinario.

Xubilación de Suso Tallón e Suso Palacios

O pasado venres día 8 de outubro, a comunidade educativa do MGB agasallou a dous compañeiros que pasaron á Xubilación anticipada, os profesores SUSO TALLÓN e SUSO PALACIOS. Unha morea de compañeiros comemos con eles e fixémoslles uns agasallos en nome dun gran número de persoas que están no centro actualmente e outras que xa marcharon. Desexamos que todo lles vaia ben nesta nova etapa e que non esquezan o noso centro, que é o deles. Se picas en ler máis poderás ver os seus discursos de despedida.
P5050671.JPG
Distribuir contido