VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO

O vindeiro martes 18 de decembro os alumnos de 3º ESO A e B, irán a Coruña a visitar a exposición de Picasso na Fundación Barrie de la Maza e participarán nos talleres didácticos. Sairán do centro as 9:00 horas e regresarán as 18:30 aproximadamente.

Logo Biblioteca

Logo_biblio_mini

O logotipo da biblioteca MGB é unha invitación a “engancharse” á lectura. Representa a afección aos libros e o pracer que estes aportan a quen os le. Foi creado por Óscar Pintor Gil, alumno de 4º de ESO, gañador do concurso promovido desde a Biblioteca en colaboración con Xoán Xosé Pérez Viéitez, profesor de Educación Plástica e Visual.

GRAZAS POR TRAER A VOSA FOTO

Dende o Seminario de Historia, as organizadoras da viaxe a Exipto, agradecemos a colaboración de todo o personal do centro que aportou unha foto. A partir do luns, poderedes comezar coas apostas... Grazas.

XUNTANZA NA USC

O mércores 28 de novembro do 2007, este centro participou na xuntanza dos centros de ensino medio e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

"FERVE" A BIBLIOTECA DO MGB

E así é, pois convocan un concurso, PASAPALABRA, publican o seu boletín nº 1, e ademáis repartirán marcadores e carnets de lector co motivo do día das bibliotecas (24 de outubro).

CALENDARIO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN

A Xefatura de Estudios do MGB vén de publicar o Calendario das Sesións da Primeira Avaliación. Descárgao dende aquí.

"Dos mil años por correo"

logo_dos_mil_por_correo.jpg

O Ministerio de Educación e Ciencia vén de comunicar a concesión ao noso centro dunha axuda económica de 7.000 euros para o desenvolvemento do proxecto de Agrupación de centros "Dos mil años por correo".

NA Estrada-525

Nace un novo blog no planeta do MGB, e xa imos polo sexto ...!
O club de lectores NA Estrada-525 ponse en marcha para compartir lecturas, películas...

XORNADAS SOBRE O PLAN TIC NOS CENTROS EDUCATIVOS

Mañán sábado 24 de novembro de 2007 terán lugar en Santiago de Compostela unas xornadas sobre o plan TIC nos centros educativos, ás que asistirán os dinamizadores TIC do MGB.

PASANDO PÁXINAS

A biblioteca do MGB pon en funcionamento o blog "Pasandopaxinas" co obxectivo de achegarse a toda a comunidade educativa e facela partícipe das actividades que se poñan en marcha. E comeza ademais coa convocatoria dun concurso de microrelatos "Le, Matina, Relé". Faille unha visita! (e deixa un comentario...)

CONSELLO ESCOLAR 20/11/07

O vindeiro martes 20 de outubro ás 12:25 horas celebrarase unha reunión EXTRAORDINARIA do Consello Escolar do MGB. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

CHARLA CAIXA GALICIA

O xoves día 15 de novembro do 2007, Marcos, da "Obra Social CaixaGalicia", deu unha charla no noso centro aos alumnos de Economía de 1º Bacharelato D e aos alumnos de Taller de Emprendedores de 3º ESO.

PREMIO Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

ÁLVARO PÉREZ VILARIÑO, profesor de Latín deste centro, conseguiu un terceiro premio no concurso de Premios á innovación educativa, convocado pola Consellería de Educación, na modalidade A, que recolle "Experiencias educativas que supoñan innovacións metodolóxicas e didácticas sobre calquera área", co traballo "A web 2.0 na didáctica das clásicas".

TEATRO VILAGARCÍA

O vindeiro venres 23 de novembro os alumnos de 3º e 4º ESO irán a Vilagarcía a ver unha obra de teatro do Centro Dramático Galego "Noite de Reis". Sairán do centro ás 9:35 horas e regresarán ás 14:25.

II ENCONTRO DE DIRECTIVOS

A dirección do MGB vén de participar, o pasado mércores 14 de novembro, nos II ENCONTROS DE DIRECTIVOS DE IES DE GALICIA, celebrados no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia), e organizados por A.D.D.I.G.A (Asociación de directores e directivos de IES de Galicia)
Distribuir contido