Claustro extraordinario

O mércores 20 de outubro, ás 12:25 horas, terá lugar unha reunión de carácter extraordinario do Claustro de profesores.

Animais artificiais

Este é o novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB. Trátase dunha curtametraxe, inspirada na obra teatral de Ana Vallés "Animales Artificiales".
Podedes seguir paso a paso este proxecto dende o seu blog http://animaisartificiaismgb.blogspot.com/
animais_artificiais_bis.png

Avaliación de diagnóstico

Orde pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Calendario exames recuperación Pendentes

Xa están postas as datas para os exames de pendentes. Nos arquivos adxuntos tedes as correspondentes aos exames trimestrais da ESO, e das probas de xaneiro de Bacharelato. Lembrade que os exames finais serán na primeira semana de maio.

Probas da ESO.

Probas de Bacharelato.

Consello Escolar

Convócase para o luns, 18 de outubro, ás 10:25 horas, un Consello Escolar extraordinario.

Xubilación de Suso Tallón e Suso Palacios

O pasado venres día 8 de outubro, a comunidade educativa do MGB agasallou a dous compañeiros que pasaron á Xubilación anticipada, os profesores SUSO TALLÓN e SUSO PALACIOS. Unha morea de compañeiros comemos con eles e fixémoslles uns agasallos en nome dun gran número de persoas que están no centro actualmente e outras que xa marcharon. Desexamos que todo lles vaia ben nesta nova etapa e que non esquezan o noso centro, que é o deles. Se picas en ler máis poderás ver os seus discursos de despedida.
P5050671.JPG

Alumnos do MGB nun torneo nacional de Bádminton en Huelva

O pasado 8, 9 y 10 de outubro disputouse en Huelva o "GP" de categorías inferiores, sub13 e sub17. 

Pablo Sanmartín de 3º da eso gañou o campionato no individual masculino sub17 gañando na final a Xoel Liñares de 3º tamén do instituto A. Losada. Jose Manuel Padín quedou 3º nesa mesma categoría
En dobles masculino perderon na final Pablo e Xoel nun axustado terceiro set
En dobles femenino perderon tamén a final Ana Reino e Nerea Gestoso de 4º da ESO as dúas.
E xa para rematar no dobles mixto J.Manuel Padín e Andrea Gutierrez perderon a final nun axustadísimo terceiro set.

Podedes ver aquí todos os resultados..

Noraboa!

DSCF0207.JPG

As mochilas viaxeiras comezaron o camiño

As mochilas viaxeiras xa comezaron este curso as súas saídas. O alumnado de 1º de ESO está invitado a levalas ás súas casas: recolleranas os venres e devolveranas os xoves (na conserxería do centro, nas dúas primeiras horas da mañá).

Nestas mochilas hai materiais para todos os membros da familia, para que poidan compartir xuntos os seus tempos de ocio vendo unha película, escoitando música ou lendo. Tamén atoparedes unha libreta para que os pais e nais nos contedes a vosa experiencia.

 

mochilas.jpg

Entrevista a Xosé Manuel Martínez Oca

Nesta páxina podedes ler a entrevista realizada a Xosé Manuel Martínez Oca, que acudiu ao noso centro con motivo do acto de inauguración do curso escolar 2010/2011. As imaxes podedes velas neste álbum.

A entrevista foi realizada por Manuel De La Calle Cuevas, Eva Janeiro Couceiro, Rocío Mato Búa, Priscila Pérez Cajaraville e Marta Rodríguez Castro, alumnos de 2º de Bacharelato do MGB.

Xosé Manuel Martínez Oca no IES MGB da Estrada-1d.jpg

DAIRAS en CORTOMIERES-10ª edición

DAIRAS será proxectada no Festival Cortomieres"Festival de cortometraxes de Mieres" na súa 10ª edición, que terá lugar nesta localidade asturiana dende o 21 ata o 28 de xaneiro de 2011. De momento non está confirmada a data exacta.

Mesa contra a violencia de xénero

O pasado luns día 4 de outubro a Dirección do centro participou nunha reunión no Concello da Estrada sobre A VIOLENCIA DE XÉNERO, reunións que se van repetir para elaborar un protocolo de actuación ante esa problemática. Nas próximas reunións o centro vai estar representado pola xefa do departamento de Orientación.

 

Dairas, 3º premio no Festival de Cine de Ourense

A Curtametraxe de animación do Taller de Creación Artística do M.G.B. resultou gañadora do 3º premio, na XV edición do festival Internacional de Cine de Ourense, sección Ouff escola. Podedes ler aquí unha crónica do acto.
 
O primeiro premio correspondeu ao IES Europa de Ponferrada, coa súa obra "Xemelgos", e o segundo ao IES de Porto do Son, polo seu traballo "Mar", que podedes ver aquí.
 
Parabéns á gran familia que formamos DAIRAS

Apertas a tod@s

DSC_0301_bis.jpg

Contos coas mans abertas- actividade para 2º BAC

Os alumn@s de 2º de bacharelato asistirán ao espectáculo: contos coas mans abertas (historias que invitan a reflexionar sobre a solidariedade, a cooperación, o traballo comunitario, a igualdade). A actividade foi ofertada polos Servizos Sociais do Concello. A actuación será o vindeiro martes , 5 de outubro, pola tarde no Teatro.

Revolucionando as TICs con Google: dominio de correo para iesgarciabarros.org


No MGB estamos de noraboa no tocante ás TICs xa que esta semana comunicóusenos por parte de Google, logo de facer a oportuna solicitude e xestións posteriores, que se nos concedía gratuítamente o emprego dunha licencia educativa coa que poder facer uso dos seus servizos baixo o noso dominio iesgarciabarros.org. Noutras palabras: de agora en diante cada alumno ou alumna do noso centro terá asignada de balde unha conta de correo electrónico de gmail coa sintaxe nome.apelido@iesgarciabarros.org, simplemente con loguearse na páxina:

http://correo.iesgarciabarros.org

Asemade, con cada unha destas contas poderase facer uso doutros interesantes servizos como google-docsgoogle-sites ou google-calendar.

asignación de contrasinais a cadansúa conta de correo electrónico realizarana os propios alumnos a vindeira semana do 4 ao 8 de outubro nos recreos nas aulas de informáticasegundo o seguinte calendario.

dominio_correo.png

Subidas as fotos da peregrinación a Santiago

Xa están subidas a este álbum de Flickr as fotos da peregrinación a Santiago realizada esta semana. As imaxes foron tomadas pola profesora Magaly Barreiro. Podedes velas en modo presentación dende aquí.
E se queredes ver como foi a rota dende Google Earth, descargade este archivo *.kmz.
IMG_3401_bis.jpg
Distribuir contido