CALENDARIO DA SEGUNDA AVALIACIÓN

A Xefatura de Estudios do MGB publica o calendario da segunda avaliación. Podes descargarlo dende aquí en formato *.pdf.

CHARLA CALATAYUD

O vindeiro xoves 31 de xaneiro de 2008 no teatro Principal da Estrada  ás 11:00 horas para alumnos de 3º ESO haberá unha charla co título "CONDUCTAS CONFLICTIVAS NOS ADOLECENTES" impartida por Don Emilio Calatayud  Pérez maxistrado xuiz de menores de Granada.

CONFERENCIA "TE PUEDE PASAR A TI"

O vindeiro martes 29 de xaneiro os alumnos de 1º bacharelato terán unha conferencia "Te puede pasar a ti" sobre os accidentes de tráfico.Será a 5ª hora na aula de Usos Múltiples

CINENSINO

Como xa se anunciou no mes de outubro, o mércores 23 de xaneriro os alumnos de 2º ESO irán a ver a segunda película do programa Cinensino nos Multicines da Estrada. A película é "Salvatore.Así es la vida". Sairán as 10:30 horas e voltarán as 12:30 horas.

DEPORTE ESCOLAR

O vindeiro martes 22 de xaneiro do 2008 algúns alumnos de 1º ESO e 2º ESO participarán na xornada de Deporte Escolar no Foxo, dita actividade aprazouse polo mal tempo o mes pasado. Sairán do centro ás 9:35 horas e regresarán ás 13:35

CONVOCATORIA CLAUSTRO

Convócase CLAUSTRO ORDINARIO para o vindeiro xoves, 24 de xaneiro, ás 16:30 horas. Descarga dende aquí a orde do día.

PROGRAMA DA VIAXE CULTURAL A EXIPTO

O Departamento de Xeografía e Historia publica o programa da increíble viaxe cultural a Exipto que van realizar durante os vindeiros días do 1 a 8 de febreiro. Descárgao dende aquí e descubre maravillas do país dos faraóns.

VISITA ÁS CUBERTAS DA CATEDRAL

O vindeiro martes 22 de xaneiro os alumnos de 2º Bacharelato de Arte irán as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.Sairán ás 9:10 horas da estación de autobuses da Estrada e voltarán as 14:25 horas

GRÁFICAS DO CUESTIONARIO SOBRE CONFLICTOS

Descarga o documento *.pdf que contén un resumen do cuestionario sobre conflictos.

BOLETÍN Nº2 DA BIBLIOTECA DO MGB

A biblioteca do MGB vén de publicar o seu boletín nº2, onde se recomendan novos libros de lectura.

PROGRAMA FESTIVAL DE EXIPTO

O vindeiro venres, ás 21:30 horas, no teatro principal da Estrada, vaise celebrar o Festival da excursión a Exipto. Haberá actuacións musicais, de baile, funky, elección de miss e mister MGB, etc. Pica en ler máis para ver o programa.

CONVOCATORIA COMISIÓN PEDAGÓXICA

Convócase a Comisión Pedagóxica para o martes, 15 de xaneiro, ás 18:15 horas. Descarga dende aquí a orde do día.

FELICITACIÓN

O claustro de profesores do IES Manuel García Barros deséxalles  Bo Nadal e Feliz Aninovo

FESTIVAL EXIPTO 2008: VENRES 11 DE XANEIRO

O vindeiro 11 de xaneiro, terá lugar no Teatro Principal ás 21:30 un festival organizado polos alumnos participantes na viaxe a Exipto. Queremos contar coa túa presencia.

FESTIVAL DE NADAL

Hoxe 21 de decembro realizaránse distintas actividades. Os alumnos da ESO participarán en  partidos de fútbol sala co IES Antón Losada Diéguez e a partires das 12:45 horas todos os alumnos terán un festival de Nadal no centro.

Distribuir contido