COMIDA DA XUBILACIÓN DE "MONCHO"

O vindeiro día 5 de outubro celebraremos unha comida con motivo da xubilación de "Moncho" (Ramón Campos Suárez). O lugar elixido será o restaurante Nixon da Estrada. Aqueles interesados en participar deberán notificalo na secretaría.

PRESENTACIÓN DE ALUMNOS: XOVES 20 SETEMBRO

  • Xoves día 20 de setembro os alumnos serán recibidos polos titores. Será unha sesión de acollida de aproximadamente unha hora de duración, polo que non terán que traer máis material escolar que o necesario para tomar algunha nota de interese 
    • ás 10:30 horas os alumnos de 1º da ESO,
    • ás 11:30 horas os de 2º da ESO,
    • ás 12:00 horas os de 3º, ás 12:30 os de 4º da ESO,
    • ás 13:00 horas os de 1º de BACHARELATO 
    • ás 13:30 horas os de 2º de BACHARELATO 
  • O venres día 21 ás nove menos cuarto da mañá comezarán as clases ordinarias para todos.
  • ELECCIÓN DE DÍAS FESTIVOS CURSO 2007/2008

    Na súa sesión do mércores 19 de setempro o Claustro de Profesores do MGB elixiu como días festivos o venres 2 de novembro (ponte día de defuntos) e o mércores 6 de febreiro (mércores de cinza).

    HORARIO ESCOLAR

    • Os alumnos escolarizados no curso 2007-2008 terán o seguinte horario escolar:
      • xornada continuada polas mañás de 8:45 a 14:25 e a tarde do martes de 16:30 a 18:10 horas.
      • Os mércores pola tarde poderán realizarse exames, actividades extraescolares, actividades deportivas...
    Distribuir contido