CLAUSTRO EXTRAORDINARIO 20/11/2007

O vindeiro martes 20 de novembro ás 10:25 horas celebrarase unha reunión do claustro de profesores con carácter EXTRAORDINARIO. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

COMO CHEGAR A CASA LAGOEIRO

Aquí tedes un plano para chegar á casa Lagoeiro. Para poder velo mellor preme nel.

 

VIAXE Á NEVE(ANDORRA)

O vindeiro mes de xaneiro os alumnos de 4º ESO,1º e 2º Bacharelato irán de excursión á neve (Andorra).Sairán o sábado 26 de xaneiro do 2008, ás 21:00 horas e o regreso será o sábado 2 de febreiro do 2008 ás 12:00 horas

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS

Por motivos de organización a excursión ás Médulas queda aprazada ata novo aviso.

VISITA A METEOGALICIA

O vindeiro 28 de novembro os alumnos de 2º de Bacharelato B,C,D visitarán as instalacións de Meteogalicia en Santiago.Saírán do centro as 9:20 horás e regresarán as 14:25 horas.

EXCURSIÓN ÁS MÉDULAS

O vindeiro luns 12 de Novembro os alumnos de Cultura Clásica de 3º,4º ESO C,1º e 2º Bacharelato de Humanidades irán ás Médulas en Ponferrada.Sairán do centro ás 8:45 horas e voltarán as 20:30 horas aproximadamente.

DISCURSO DE INAUGURACION 2007/08

O MGB publica na súa web o discurso de inauguración do curso 2007/2008 pronunciado por D. Olimpio Arca Caldas o día 19/09/2007, acompañado das fotografías de Marcos Míguez.

GALICIA DIXITAL

O vindeiro martes 20 de Novembro os alumnos de 2º ESO visitarán a exposición "Galicia Dixital" e a exposición "Vivendas rurais do mundo" en Santiago. Sairán as 09:35 horás e regresarán as 14:25 horas

VISITA Ó PARLAMENTO

O vindeiro martes 6 de Novembro os alumnos de 1º Bacharelato D visitarán ó Parlamento e o CISC en Santiago deCompostela.Sairán do centro ás 8:45 e voltarán as 18:10

COMIDA DA XUBILACIÓN DE DAVID

O vindeiro venres 16 de Novembro celebrarase unha comida con motivo da xubilación de David, no restaurante "Casa Lagoeiro" da Estrada. Se queres participar apúntate en Vicedirección antes do 5 de Novembro.

CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR

O vindeiro martes, 30 de outubro ás 18:15 horas celebrarase unha reunión do Consello Escolar do MGB. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

FORMACIÓN DE USUARIOS DA BIBLIOTECA DO MGB

Con motivo do Día das Bibliotecas (24 de outubro) o IES Manuel García Barros porá en marcha durante a semana do 22 ao 26 unha actividade de formación de usuarios dirixida especialmente ao alumnado de 1º de ESO que se realizará integramente na biblioteca do noso centro.

VIAXE CULTURAL A EXIPTO

O luns 22 de outubro, no 2º recreo, celebrarase unha reunión informativa na aula de audiovisuais sobre esta actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e destinada a alumnos de 1º e 2º de Bacharelato.

CONVOCATORIA DE CLAUSTRO

O vindeiro mércores 24 de outubro ás 16:30 horas celebrarase unha reunión do claustro de profesores. Preme aquí para descargar a convocatoria en pdf.

MAGOSTO 2007

O vindeiro 9 de Novembro haberá un magosto nas dúas últimas horas. Todos os alumnos que queiran poderán traer castañas (teñen que estar picadas)e deixalas na conxerxería.

Distribuir contido