Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
EscolaresCoñecendo ás Detectives do CancroCon motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida. Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia. Soña, atrévete! » Programacións Didácticas e Concrecións CurricularesESO & BAC ANO 2022-2023 CONCRECIÓNS CURRICULARES Fai Click na Ligazón para acceso ao documento ---> PDF PROGRAMACIÓNS LOMCE – CURSOS PARES – INFORMACIÓN POR DEPARTAMENTOS
LOMLOE – CURSOS IMPARES 1ºESO (LOMLOE) 3º ESO (LOMLOE)
1ºBACHARELATO (LOMLOE) DECEMBRO 2022 » Homenaxe a GuadaO día 12 de xaneiro ás 13:00 horas, tivo lugar un acto en
|
Xa van aparecendo referencias desta fermosa e fantástica iniciativa na prensa:
A gañadora do concurso de postais deste curso 2022-2023, foi a alumna Mar Taboada Montoto de 4º ESO B.
Moitas felicidades para Mar e o noso agradecemento as profesoras Mar e Elsa!
O 30 de Novembro de 2022, facemos público e animamos a todos a participar na IV Edición do Concurso Científico Luis Gustavo.
O obxectivo do concurso é promover un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social.
Este ano o Concurso será Fotográfico e o Tema:
EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO
O prazo rematará o 30 de maio de 2023.
Podedes consultar as Bases do Concurso na seguinte Ligazón - >
https://sites.google.com/ieslaxeiro.com/concursoluisgustavo/bases-do-concurso
ou descargar as Bases do Concurso ->
Podedes descargar o Cartel da IV Edición Concurso Luis Gustavo ->
http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/system/files/Cartel%20IV%20edici%C3%B3n%20CLG.jpg
[By María Elsa Martínez Vázquez]
25 de novembro de 2022
Na semana de Novembro [6 - 11/11/2022], unha selección de 25 alumn@s de 2º ESO participa no Programa de Inmersión Lingüística co proveito da súa mellora de Competencia Dixital.
O centro presentou a súa candidatura segundo a Convocatoria para la selección de centros docentes públicos para participar en el programa de inmersión lingüística en lengua inglesa a través de actividades digitales, Digitalweek, dirigido al alumnado de sexto curso de EP y de ESO, curso 2022/23
A actividade é de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolvese no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.
A ligazón da páxina web https://playandsay.org/
Para as familias, tendes o voso código de acceso en : DigitalWeek, Xunta de Galicia | Play&Say (playandsay.org)
máis información:
1.- Portal WEB da Xunta -> https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/70462/total-2-275-alumnos-podran-participar-nuevo-programa-dixitalweek-xunta-para-mejorar?langId=gl_ES
2.- Convocatoria e Resolución -> https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37427
Noticia recollida na Prensa:
Portada do Faro de Vigo 15/11/2022 -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2022/11/15/desafio-tecnologico-ies-laxeiro-78560648.html
Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro | |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química |
Temática: Eficiencia enerxética |
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:
Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
Na previa de convocar a edición 2022 do próximo Concurso Luis Gustavo, publicamos os Gañadores do Concurso Luis Gustavo da Edición 2021
Seguimos tendo a honra dende o Grupo do Club de Ciencias de seguir con esta fermosa iniciativa a prol da ciencia. Está encadrada nas actividades desenvoltas ao longo do curso escolar, como un fomento da cultura científica, das ciencias, tecnoloxías, matemáticas...
Aportamos os carteis coas obras premiadas como arquivos adxuntos.