Escolares

Obradoiro e contacontos con marionetas no CEIP M. Rivero

No derredeiro día do meeting in Spain, as alumnas e alumnos dos catro países socios participaron nun obradoiro co alumnado dos tres cursos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero. Organizados en grupos multinacionais, elaboraron marionetas que usaron para contar unha historia dunha nena moi interesada nunha profesión tradicionalmente masculina e promover a igualdade de oportunidades.

Entrevistas sobre igualdade

Os nosos alumnos e alumnas realizaron máis de oitenta entrevistas/enquisas a persoas de diferentes grupos de idade para obter unha visión sobre asuntos de xénero ao longo de distintas xeracións. Este foron os resultados:

Percorrido literario polos países socios no proxecto

Na tarde do luns 28 de maio, durante o meeting in Spain, a profesora de Lingua Galega Gracia Santorum dirixiu un interesante percorrido pola presenza finesa, turca e francesa na nosa literatura; alumnos e alumnas anfitrións leron en galego fragmentos dalgunhas das obras literarias mentres que os/as acollidas/os o fixeron en inglés (nalgún caso ao revés, cun agradable e sorpresivo resultado).

Reunión transnacional Erasmus+ no IES Laxeiro

Do xoves 24 de maio ao mércores 30 recibiremos a visita de estudantes e profesoras dos países socios no proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, no que participa o IES Laxeiro. Un total de 15 alumnas e alumnos procedentes de Finlandia, Francia e Turquía, acompañadas por seis profesoras, dúas por cada país socio, convivirán con familias lalinenses e participarán nas actividades escolares dos estudantes do IES Laxeiro. O proxecto implica a realización de obradoiros, actividades culturais e a integración nalgunhas horas lectivas por parte de estudantes e profesores visitantes.

No IES Laxeiro sentímonos moi honrados de participar no proxecto coa escolas:

cartaz ToT

 

Contos creados polo alumnado de Eduación Infantil do CEIP M. Rivero

Os nosos colaborades de Eduación Infantil do M. Rivero achegan ao noso proxecto dous contos de creación propia.  Serán os nosos estudantes os que logo os analicen xuntos cos outros socios-as dos países participantes. Moitas grazas este equipo de Educación Infantil tan creativo e participativo!

Expo na residencia As Dores

Os traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time.

Montamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. Rivero

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero

O programa RCP nas aulas no IES Laxeiro

 

O IES Laxeiro, por medio do departamento de Educación Física, participa, por segundo ano, da experiencia RCP na Aula, froito do convenio entre as consellarías de Sanidade e Educación. Este convenio, impulsado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, trata de estender a experiencia RCP na Aula da provincia de Lugo, permitindo espallar a formación en soporte vital a todos os nenos e nenas de Galicia ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria.

 O devandito convenio contempla a formación polo FPUS de Galicia 061 dos profesores de Educación Física (e todos aqueles que voluntariamente queiran participar na experiencia) como provedores de RCP DEA e que estes á súa vez formen aos alumnos e alumnas como provedores de soporte vital básico. O ensino da reanimación cardiopulmonar (RCP-B) na escola nos niveis obrigatorios representa a oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP- B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. RCP na aula é un sistema no que persoal sanitario do 061 de Galicia forma como instrutores de RCP-B e desfibrilador externo semiautomático (DESA) aos profesores de educación física dos institutos, e estes a outros profesores e alumnos/as.

Distribuir contido