Escolares

O IES Laxeiro en Radio Voz

O domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time.  Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña.

Preparando a exposición dos traballos presentados en Turquía

No día de hoxe preparamos a exposición dos traballos exhibidos na reunión en Turquía; na semanas vindeiras tamén os levaremos ás dúas entidades colaboradoras, O CEIP Manuel Rivero e a residencia As Dores. Tamén podedes ver os vídeos finais no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net

Semana Branca no IES Laxeiro

Un grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira.

Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES Laxeiro

Os cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.

 

 

O IES Laxeiro en Turquía

Unha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia.
Na Sehit Mehmet Sengül Ortaokulu, escola anfitrioa, desenvólvense as distintas actividades do intercambio. Ademais de participar na vida lectiva do centro e dar a coñecer os distintos lugares de procedencia, expuxeron os traballos realizados ao longo deste primeiro período do curso. Temas relativos a cuestións de xénero e habilidades para a vida, vistos a través de distintos grupos de idade, así como o multilingüismo e a interculturalidade inspiran as diferentes achegas. Para iso contan coa colaboración dos grupos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero e a residencia d’As Dores, onde elaboraron vídeos e recolleron contos ilustrados polos nenos e nenas. Igualmente fotografaron un día na vida de nenos-as, adolescentes e avós para logo expoñer na reunión e participar en distintos talleres.
Os adolescentes foron acollidos por familias locais, unha experiencia altamente enriquecedora pois tiveron a oportunidade de coñecer desde dentro a cultura e vida diaria das familias de Tekirdag. Igualmente puideron coñecer de primeira man unha cidade cultural e historicamente tan relevante como é a vella Constantinopla, actual Istambul.
O grupo regresou o xoves 18; será agora cando toca escoitar as súas impresións acerca desta interesante experiencia.

One day in my life - Un día na miña vida

Os alumnos e alumnas montan a exposición fotográfica "Un día na miña vida": revelacións sobre a vida das persoas de diferentes grupos de idade en diferentes países. Tamén podedes ver as dos países socios no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net.

Os noso colaboradores no proxecto: presentación en Turquía

                                                                  

Os nosos socios en Finlandia, Francia e Turquía tamén presentaron os seus colaborades. Podedes ollalos no Twinspace e en Peda.net

 

Os nosos contos favoritos: Garavanciño

As alumnas e alumnos de 5 anos de Educación Infantil achégannos unha soberbia interpretación do coñecido conto de Garavanciño, a cal levamos a reunión transnacional en Tekirdag para amosar aos participantes dos países socios.

Os nosos contos favoritos: Sabeliña e a moura

Os rapaces e rapazas de 4 anos que achegan e ilustran fantásticamente a lenda de Sabeliña e a moura para os noso proxecto.

Distribuir contido