Escolares

O Día da Ciencia en Galego no IES Laxeiro

Celebramos o Día da Ciencia en Galego (4 novembro) co motivo dos sensores, e fixémolo no entorno mais común destes, no mundo da Robótica! Os alumnos de 4º prepararon unha mostra de Robots LEGO.

Ver Vídeo >> Youtube

Ver Fotos >> Galería de Imaxes

Ver Fotos >> Blog

O Laxeiro no País das Matemáticas

Alicia no País das MaravillasO 24 de Outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Este ano 2014 saliéntase o papel imprescindible da biblioteca escolar nos centros educativos para espertar o interese polas Matemáticas.

É por iso que o IES Laxeiro mergúllase de cheo no mundo matemático, facendo que durante 15 días o vocabulario empregado sexa o xeométrico, con exposición de libros  matemáticos, unha procura do tesouro, unha xincana matemático-literaria, lectura de poemas arredor das matemáticas, xogos matemáticos en todos os recreos, Concurso de fotografía matemática, guía de lecturas matemáticas...

Estas actividades servirán de ponte cara ao Día da Ciencia en Galego, cando estas actividades rematarán para dar paso a outras.

Así que a Biblioteca do Laxeiro procurará que todas as nosas Alicias vivan novas aventuras matemáticas.

 

Visita a nosa biblioteca ...

                                                                    ... onde a maxia acontece

 

Parabéns aos gañadores do Concurso "Mestre Laxeiro"

 

No seguinte enlace pódense ver as obras premiadas no X Premio de Pintura escolar "Mestre Laxeiro" organizado polo Museo Municipal "Ramón Mª Aller" durante o mes de maio. Parabéns polo 1º Premio a Iria Varela e polos accesit de Alejandro Zas, Ana García Lois, Antonio Diéguez, Brais Vázquez, Lara Varela, Sandra García e Zaira Míguez.

Intrépidos periodistas

 

A semana do 19 ao 23 de maio os alumnos de 1º ESO A viviron unha curiosa experiencia.

Tres membros do equipo directivo prestáronse moi amablemente  para ser entrevistados polos alumnos do primeiro curso da Eso. Armados os rapaces coas súas mellores armas lingüísticas  e armados os membros do equipo coa súa mellor sonrisa,  viviron  todos uns momentos distintos e  moi agradables. Un xeito diferente de ver o labor que se fai no centro dende a dirección e un modo distinto de aprender a aprender. Grazas a todos pola colaboración.

Curiosea pinchando aquí.

Voltamos coa froita

A voltas coa froita

O vindeiro 19 de maio comezaremos cun novo periodo de reparto de froita durante os recreos.

Aquí podes ver imaxes dalgúns traballos feitos polo alumnado de 1º de ESO para promocionar e reflexionar sobre o consumo saudable.

Aproveita e ponlle cor á túa vida!. Pásate á froita!.

Obradoiro de Caligrafía

O pasado 7 de maio un grupo de alumnado e profesorado participou nun Obradorio de Caligrafía, organizado pola Biblioteca e impartido polo profesor Jesús Mª Juaristi, experto no mundo da Caligrafía e da "Letra sen ansiedade". Traballamos con distintos tipos de materiais, plumas e tintas de distintos grosores e cores e disfrutamos aprendendo máis sobre esta "Arte".

Aquí tedes unha pequena mostra das imaxes do Obradoiro.

Viaxe Fin de curso 4º de ESO

Viaxe a Paris - 4º ESO 2014Do 5 ao 11 de abril os nosos/as alumnos/as de 4º de ESO viaxaron a París con motivo da excursión de  fin de curso. Visitaron os Museos e puntos de interese máis importantes. Complementaron esta visita con Versailles e Eurodisney.

 

"Clicka" aquí e comprenderás por que a esta capital se lle chama a cidade da luz e o do amor.

 Se queres ver a segunda parte.... de novo máis imaxes.

 

Éxito absoluto do IES Laxeiro na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014

logopx

Os dous equipos do IES Laxeiro que participaron na fase clasificatoria do Parlamento Xove 2014 celebrada o 15 de febreiro na Coruña clasificáronse para a fase final, ocupando o primeiro e o segundo posto na taboa.

O equipo Laxeiro 2 formado polos alumnos de 1º BAC: Uxía Adán, Andrés Machado, Alba Tomé e Laura Machado, coordinados polo profesor Manuel Igrexas, clasifícouse en primeiro lugar, cos tres debates gañados e 98,50 puntos.

O equipo Laxeiro 1 formado polos alumnos de 2º BAC: Marta Millares, Diego Viana, Paula Castro e Laura Torreiro, coordinados polo profesor Xosé Manuel López, clasifícouse en segundo lugar, cos tres debates gañados e 95,75 puntos.

Podedes consultar aquí os resultados.

Os dous equipos pasan á fase final que se celebrará no Parlamento de Galicia os días 25 e 26 de abril.

Fomentando a convivencia, educar en valores

Os días 11, 12 e 13 de Febreiro o alumnado de 2º de ESO está a traballar a igualdade e aspectos da convivencia cos técnicos Susi Payo e Celso Taboada do Servizo de Igualdade do Concello de Lalín.

Estereotipos de xénero, Bullying, formas de reaccionar..., son algúns dos aspectos a tratar de xeito ameno e coas distintas opinións de todo o alumnado.  

 

 

Distribuir contido