Escolares

Visita ao Parlamento

O xoves día 15 de outubro o alumnado de 3º de ESO visitou o Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela. Actividade promovida desde o Departamento de Ciencias Sociais, para ver e entender unha das Institucións máis importantes da Comunidade Autónoma de Galicia.

     Os alumnos e alumnas disfrutaron, das diferentes dependencias do Pazo do Hórreo, onde os diputados e diputadas galegos levan a cabo a súa labor. O edificio en sí, xa chama a atención pola súa envergadura, fundado para ser Facultade de Veterinaria, cumple hoxe perfectamente cas necesidades dun Parlamento actual e moderno. Chama a atención as extraordinarias vidrieiras-mosaico, unha delas, obra do pintor Laxeiro, que cubre o teito dunha das estancias da entrada.

    Pero sen dúbida, un dos espazos que máis gustaron foi o hemiciclo, onde os diputados/as discuten, propoñen e defenden as súas ideas. O alumnado sentouse nas cadeiras do goberno e da oposición e algún alumno saliu á tribuna de oradores, semellando ser un parlamentario.

     Ver máis fotos.

 

 

Xornada de Convivencia na Devesa de Moa


     O pasado 1 de outubro, os 75 alumnos de 1º da ESO acompañados por sete dos seus profesores participaron nunha Xornada de Convivencia, que contempla o Plan de Convivencia do Centro co fin de facilitar o coñecemento e cohesión do alumnado, que provén de diferentes centros de Primaria e tamén establecer relacións de proximidade cos distintos profesores. Para este fin, deseñouse unha ruta de sendeirismo pola Devesa de Moa, onde ademais de compartir conversa e camiñata, deu pé para coñecer as excelencias naturais desta paraxe, da que cabe destacar a súa ampla biodiversidade botánica e zoolóxica. Igualmente serviu para coñecer os cursos dos ríos Deza e Zobra e valorar a importancia que a apicultura tivo no Candán, coa visita e explicación da función das alvarizas.

    A xornada foi un éxito de alegría e alumnos e profesores regresamos satisfeitos da experiencia. 

    Neste enlace pódense ver algunhas fotos da xornada.

 

Visita do Dr. Ángel Carracedo

O 2 do outubro tivemos a honra de ter entre nós ao Dr. Ángel Carracedo para desenvolver diversas actividades co noso alumnado. Entre música e presentacións adentrámonos no apaixoante mundo da investigación xenética mediante unha charla para o alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

Descubrimos a placa que inaugura o Laboratorio de Bioloxía co seu nome, e o alumnado de 2º BAC disfrutou nel dun café coloquio.

Na última hora da maña, o alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu a unha charla sobre o mundo da lectura.

Nos seguintes enlaces pódense ver o programa de actividades, fotos e máis información publicada nos xornais da comarca: "El Faro de Vigo" e "La Voz de Galicia".

Programa de actividades do día 2 de outubro

Blog da Biblioteca ---> "Unha pegada indeleble" Resumo da visita

BENVIDOS PRIMEIROS!!

 

 

A nosa biblioteca está xa a pleno rendemento. O venres 18 recibimos entre globos e festa aos cursos de 1º da ESO. Foi un primeiro encontro dos 75 rapaces co entorno da biblio.

 

Ensinámoslles as nosas 3 xoias do século XIX: os tres libros máis antigos dos fondos bibliográficos. Tamén viron fotos de hai 40 anos das instalacións que había entón no instituto para ler e estudar.

Todos  quedaron abraiados cando descubriron que o noso centro conta con máis de 14600 volumes rexistrados…¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

 

…e é que a Biblioteca do Laxeiro é pequeniña , pero xeitosa.  Aquí tes máis imaxes.

 

Ler no verán ten PREMIO !!

Para todas as idades e para todos os gustos, o equipo de biblioteca elaborou unha guía con recomendacións de lectura para un verán cheo de soños, poesía e ilustración. O alumnado de 1º e 3º de ESO deseñou unhas bolsas moi atractivas e saboreamos a lectura cun saboroso doce. No blog da biblioteca temos máis información sobre esta campaña: "Lemos no verán".

Somos "Escola sen Racismo"

O xoves 11 de xuño, o alumnado de 1º ESO estivo na proxección das reportaxes solidarias feitas por varios compañeiros da ESO que participaron do obradoiro de TV da Asamblea de Cooperación Pola Paz e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso). Ademais de recibir os diplomas de participación, o director Uxío Grande recolleu para o centro a placa que nos acredita como membro da rede de Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento. Noraboa a todos/as.

Premio "Clases sen fume"

Felicitamos ao grupo de 1º de ESO A, gañadores no Programa Clases sen fume co seu xogo "Tabacopoly". Como premios, unha fantástica viaxe ao Aquapark de Cerceda, e un premio de Innovación educativa á profesora Sara Castro. Felicidades!. Neste enlace podedes ver máis fotos.

O futuro comeza con Matrícula de Honor

 

Parabéns ás tres mozas e un mozo que co seu esforzo foron quen de superar todos os obstáculos e levan o noso recoñecemento en forma de nota, aquela que os distingue por riba de toda media posible. Desexámosvos que sigades brillando con esa luz propia nun firmamento rutilante. Non deixedes nunca de perseguir os vosos soños!

Estela Fidalgo Garra

Laura Sofía Machado González

Andrés Eduardo Machado González

Mª José Presas Gimbutis

 

Non esquecemos darlle os parabéns a toda a xeración 2009-2015 que rematan os seus estudos no IES Laxeiro. Foi un pracer compartir aulas convosco todos estes anos. Que vos vaia bonito!!!

 

O noso Renacuajo fallou! pero non importa, pasámolo ben...

O pasado venres 24 de abril, fomos participar ao I Concurso de Robótica a Escola de Enxeñería Industrial en Vigo.

Levábamos dous Robots Sigue Líneas que funcionaban moi ben...

Decidimos que participara o Renacuajo e debeulle temblar as pernas... na última recta parouse!

De todos xeitos íamos ser terceiro ou cuarto, no caso mais favorable... Os rivais foron dignos.

Aprendemos que o importante é participar! Pasar, pasámolo ben, outra vez será!

 

...mirade o vídeo!

 

    ...e mirade as fotos!

 

Ler mais: Faro de Vigo - Noticia

 

 

...E Coruña tremeu


O LAXEIRO : PERIODISTAS E SOLDADOS.

 

Os alumnos de 3º y 4º PDC  e o grupo de 2º de ESO C visitaron o 14 de abril as instalacións da Voz de Galicia no polígono de Sabón. Pasearon pola redación do periódico, polos enormes almacéns de papel da empresa e contemplaron a rotativa de dúas plantas e de 24 metros de largo onde se crean cada noite os máis de 120.000 exemplares do periódico que diariamente saen desta planta coruñesa. Tamén visitamos o museo Santiago Rey Fernández La torre. Alí  os alumnos  puideron ver periódicos de todos os rincóns do  mundo  e cabeceiras de  épocas  remotas . Tamén botaron un ollo ao  periódico galego máis antigo: O Catón Compostelano de 1800, unha xoia periodística que o museo contén.

Pola tarde e tras unha breve concesión ao ocio por Marineda …ejem, ejem… aproveitamos o bo día de primavera e nos paseamos polo Paseo do Parrote e polo peirao de trasatlánticos. Ata vimos zarpar un…

Ás 4 da tarde armados cos nosos uniformes dezanos xogamos a ser soldadiños no Castelo de San Antón. O Castelo é pequeno, pero non quedou un recuncho sen visitar dende o alxibe ata o torreón.

O día deu para moito e ata fomos quen de perder unha pelota de fútbol que tivemos que deixar aboiando nas augas do porto da cidade. Os do Laxeiro somos únicos …

Para fotos do superevento, clica aquí.

Distribuir contido