Escolares, E.P.A., 1º E.S.O., 2º E.S.O., 3º E.S.O., 4º E.S.O., 1º B.A.C., 2º B.A.C., Ciclos, B.A.C. Adultos, Centro, Diver

O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en Silleda

Este mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia.
74 alumnos/as do IES Laxeiro de 1º, 2º e 3º da ESO tomaron parte nunha competición na que tiveron que facer un percorrido que rondaba 1 km de lonxitude, nunha mañá fría e solleira que permitiu desfrutar ao alumnado dunha xornada de actividade física ao aire libre. 
Salientar o bo comportamento de todos/as participantes, rematando con esforzo as súas probas e con resultados meritorios, con especial mención a Ihcene Bouchaila, que rematou en 2º posto na categoría infantil feminina e Jacobo Guerreiro que foi terceiro na cadete masculina.
Parabens a todos e un agradecemento especial ao profesorado que colaborou co departamento de EF (Sara e Mónica).

Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com

Educación STEM para o alumnado do Laxeiro.

Un grupo de alumnos e alumnas do IES participaron na semana STEM do 24 ao 30 de novembro. Un campamento de innovación educativa deseñado para espertar o interese na Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, a través de actividades cun enfoque eminentemente Maker (aprender facendo).

Makey Makey, Microbit, Robótica, Xogos Matemáticos, Efecto invernadoiro ou Pegada ecolóxica, son algunhas das actividades realizadas polo noso alumnado e que abrangen as áreas inluídas no acrónimo STEM. Un acercamento interdisciplinar ao aprendizaxe que desenvolve habilidades como a investigación, o pensamento crítico, a solución de problemas, a creatividade, a comunicación e a colaboración.

Convocatoria STEM 2019-2020

Ver mais Fotos - >Fai Click sobre a imaxe...

ou ben en https://drive.google.com/open?id=1w6ql4g-231gkl9VTqdhzO8IGDaRZ2K2I

 

Novembro contra a violencia de xénero

O alumnado de 2º de ESO- A na materia de igualdade escribiu e realizou unha performance para o 25 de novembro, poñendo o acento en que as mozas non deben vestir nin comportarse segundo os estereotipos de xénero que a sociedade impón.


 

O alumnado de 2º de ESO-B da materia de Igualdade realiza unha performance para o 25 de novembro,  a partir dun poema de Ana Cerezuela (do seu libro "Lejos")

 

120 minutos de actividade física no IES Laxeiro no Día Europeo do Deporte

O pasado venres 27 de setembro sumámonos as propostas para celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar (# ESSD2019), alcanzando ese día 120 minutos de actividade física non centro, cunha ampla participación entre o alumnado. Unha xornada para visibilizar a necesidade de estar activos físicamente para gozar de calidade de vida xa que, como ten dito Noel Clarasó, “o corpo, se se trata ben, pode durar toda la vida”.

 

O IES Laxeiro participa na Semana Europea do Deporte

O IES Laxeiro fai un chamamento a todo o mundo, independentemente da súa idade ou dos seus antecedentes, para que se poñan en forma. O noso instituto apoia a campaña europea # BeActive, que promove o deporte e o exercicio para unha vida máis sa.

A inactividade física en Galicia, España e en toda Europa estase  estancando e mesmo diminuíndo nalgúns países, cun impacto negativo na calidade de vida das persoas, así como na economía. Segundo a Comisión Europea, a proporción de persoas que nunca fan exercicio ou practican deporte é  preocupantemente alta: o 35%! As rapazas teñen máis probabilidades que os nenos de facer menos exercicio ou deporte.
Galicia é a raíña do sedentarismo. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade a comunidade encabeza todos os rankings de inactividade tanto femininos como masculinos, con máis dun 45 % de persoas maiores de 15 anos que non realizan ningunha actividade física no seu tempo libre. Neste sentido non sorprende que nos situemos entre as comunidades con maior índice de obesidade (superior ao 25 %, sendo só superados por Asturias), especialmente entre a poboación infantil.
Como parte da campaña # BeActive, a Semana Europea do Deporte (23-30 de setembro) organiza eventos numerosas cidades e vilas de España. Os eventos centraranse no deporte en escolas, lugares de traballo, ao aire libre, en clubs deportivos e ximnasios.
Desde o seu lanzamento fai cinco anos, máis de 40 millóns de persoas participaron en 38 países.
"A falta de actividade física no noso estilo de vida moderno provoca importantes problemas de saúde e custa miles de millóns ás nosas economías. Todos podemos ser activos de diferentes maneiras, desde camiñar un pouco ata correr un maratón. Fago un chamamento a todos para que se unan a nós na Semana Europea do Deporte", ten declarado o Comisario europeo responsable de Deportes, Tibor  Navracsics.
Finlandia, que actualmente ostenta a Presidencia da UE, inaugurará oficialmente a Semana o 23 de setembro cunha Cerimonia de Apertura en Espoo.
Non IES Laxeiro sumámonos a esta iniciativa e tamén celebramos o día 27 de setembro, día Europeo do Deporte Escolar (# ESSD2019), alcanzando ese día 120 minutos de actividade física non centro, e como broche final desta Semana Europea do Deporte. Neste período de tempo o alumnado participará nunha serie de actividades que engloban actividade física con música (aerobic, zumba, danza moderna), actividades multideportivas incluíndo xogos populares e recreativos e carreira polo Pontiñas.

Semana Europea del Deporte

European Week of Sport

Caderno do proxecto Tunnel of Time

No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.

booklet_cover

A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of Time

Un filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time.

Montando a exposición final do proxecto no centro comercial Pontiñas

No remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración!

expoToT

Physics and Chemistry

 

There are some of our experiments. It was a good year. Thanks to everybody.

Distribuir contido