O IES Laxeiro participa no XOGADE (deporte en idade escolar): campo a través en Silleda

Este mércores 4 celebrouse no recinto ferial da semana verde de Silleda unha nova edición do “Cross escolar”, actividade programada dentro do XOGADE que é o plan de deporte en idade escolar da Xunta de Galicia.
74 alumnos/as do IES Laxeiro de 1º, 2º e 3º da ESO tomaron parte nunha competición na que tiveron que facer un percorrido que rondaba 1 km de lonxitude, nunha mañá fría e solleira que permitiu desfrutar ao alumnado dunha xornada de actividade física ao aire libre. 
Salientar o bo comportamento de todos/as participantes, rematando con esforzo as súas probas e con resultados meritorios, con especial mención a Ihcene Bouchaila, que rematou en 2º posto na categoría infantil feminina e Jacobo Guerreiro que foi terceiro na cadete masculina.
Parabens a todos e un agradecemento especial ao profesorado que colaborou co departamento de EF (Sara e Mónica).

Para ver as fotos debes identificarte coa túa conta @ieslaxeiro.com