IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Esta semana tivo lugar a representación teatral da obra "Suspéndese a función" de Fernando Lalana por parte dos alumnos do IES Isidro Parga Pondal.

Foi unha actividade extraescolar organizada pola ANPA coa colaboración de Vagalume Teatro e da que puidemos gozar esta semana no Pazo da Cultura de Carballo.

A semana pasada tres voluntarios de protección civil de Carballo ofrecéronnos unha presentación e unha pequena práctica de Primeiros Auxilios aos alumnos de 4º da ESO.

Os alumnos mostráronse interesados nas técnicas de RCP necesarias para salvar vidas. Esperemos que non teñamos que utilizalas, pero en caso de necesidade, xa temos unha idea de que é o que podemos facer antes de que cheguen os servizos de emerxencia.

Grazas aos mozos de Protección Civil polo seu tempo

O pasado día 21 de Maio tivo lugar no IES Isidro Parga Pondal un debate académico en torno á cuestión de se os videoxogos violentos aumentan a nosa agresividade ou non. Esta é a segunda vez que o alumnado de bacharelato deste instituto se enfronta ao do IES Urbano Lugris, de A Coruña.

O debate foi realmente interesante; ambas partes presentaron os seus argumentos a favor e en contra, refutaron con contundencia e cortesía os aspectos que non lles parecían ben fundamentados e nas súas conclusións declararon que, con xogos ou sen eles, todos condenan a violencia.

A verdade, nestes tempos de tanto enfrontamento crispado entre politicos, agradécese asistir a un bo debate.

A finais do mes de abril a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, puxo en marcha REGADual, Rede Galega de Dinamización da FP dual, da que este centro forma parte.

Como responsable desta dinamización, trasladovos que as funcións asociadas a mesma son:

  • Facer prospección de empresas.
  • Atender as necesidades formativas das empresas, dando a coñecer os perfís profesionais axeitados en cada caso e fomentando o achegamento das empresas ós centros educativos.
  • Atender ás necesidades dos titores e titoras dos centros de traballo e dos centros educativos no desenvolvemento das súas funcións.
  • Asesorar a todos os actores participantes nos proxectos de FP dual de cara a realizar unha xestión de calidade.
  • Formar e informar aos mesmos e realizar outras actuacións relacionadas coa FP dual.
  • Divulgar a FP dual entre o alumnado doutras ensinanzas.

 Informarvos, tamén, que o departamento de informática estamos en conversa con varias empresas para implantar no vindeiro curso 2019/2020, a FP Dual Ordinaria para o ciclo de ASIR.

 

Entre os días 21 e 24 deste mes de maio, estase a celebrar a I semana da música do IES Isidro Parga Pondal.
A biblioteca e o departamento de música están ao fronte desta iniciativa, que pretende que, mediante numerosas actividades, o alumnado poida mergullarse no mundo da arte musical.
Varios profesores invitados, que exercen o seu labor docente en Oleiros, Castellón, A Coruña e Lugo serán os encargados de impartir as conferencias e os diferentes obradorios específicos ao alumnado da ESO e bacharelato durante todos estes días.

O venres 24 pecharase esta semana musical cun concerto de clausura, no que as alumnas e os alumnos interpretarán diferentes adaptacións vocais e instrumentais.

Cabe destacar que o alumnado de 4º estreará a sintonía da radio do centro, composta especialmente para o IES Parga Pondal polo profesor Paulo Padrón Santamarina.

Nova na prensa

Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución