Visita a Porto do Molle

Un grupo de alumnos e alumnas de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO, acompañados polo seu profesor José Pereira, achegáronse onte ata o Porto do Molle: visitaron as instalacións e puideron coñecer o funcionamento do centro de negocios, do viveiro de empresas e do programa de »

Visita a Compostela

Hoxe, mércores 24 de outubro, o grupo de intercambio de 2º de bacharelato e o alumnado do Viby Gymnasium de Århus visitaron Compostela. Por suposto que foron á Catedral de Santiago pero tamén tiveron tempo para rendirlle visita ás irmás María e Coralia Fandiño, As Marías.

Tiro con arco


Hoxe tiramos frechas a esgalla. Anxo Iglesias e Daniel Sánchez do departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar con Marco, o seu monitor, organizaron unha xornada de tiro con arco para os estudantes de ESO e o alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca).

Roteiro ciclista e surf en Patos

Onte o noso alumnado do intercambio con Dinamarca participou nun roteiro en bicicleta desde Gondomar ata a praia de Patos, onde asistiron a unha clase de surf, actividade que contou coa colaboración do departamento de Educación Física. Hoxe pola mañá asistirán a varias clases no instituto e participarán nunha sesión práctica de tiro con arco que se organiza no noso centro. Pola tarde, visitarán a cidade de Vigo.

Tiro con arco


O martes 23 teremos no instituto unha xornada de tiro con arco organizada polo departamento de Educación Física e o Club Arco Serra de Gondomar. Está destinada ao alumnado de ESO e ao alumnado visitante do Viby Gymnasium de Århus (Dinamarca).

Distribuir contido