Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2022

Segundo o establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario (DOG do 29/04/1988), modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9/8/1996) e en cumprimento da Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30 de setembro), a Xunta Electoral do IES Auga da Laxe, convoca eleccións ao Consello Escolar nos diferentes sectores da comunidade educativa, de acordo coas seguintes datas:

Do 11 ao 18 de novembro, prazo de presentación de candidaturas dos diferentes sectores (profesorado, alumnado e familias). Existe un impreso para formalizar as candidaturas que pode solicitarse na secretaría do instituto.

Ademais, comunícase que están expostos no instituto os censos electorais dos distintos sectores da comunidade educativa e que se abre un prazo de reclamacións aos mesmos ata o 17 de novembro.

- 29 de novembro, votacións para todos os sectores:

→ Votacións do profesorado, nun claustro extraordinario que se celebrará no recreo.

→ Votacións do alumnado, ao longo da xornada escolar.

→ Votacións dos pais, nais e titores legais do alumnado (18:00h-21:00h).