Igualdade

Igualdade

Exposición: Á violencia de xénero dille NON!

Do 1 ao 18 de decembro poderemos ver, organizada pola Biblioteca do centro, a exposición da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia Á violencia de xénero dille NON! Cun formato de banda deseñada e unhas mensaxes sinxelas e claras, amosa comportamentos discriminatorios presentes nalgunhas  relacións afectivas e sociais e que son un sinal incipiente de violencia machista.

Obradoiro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

25 N: En negro contra as violencias

     O IES do Milladoiro súmase á campaña En negro contra as violencias que busca poñer na axenda pública a loita para rematar con todos os tipos de violencia contra as mulleres en vésperas do Día Internacional de Eliminación da Violencia Contra as Mulleres (25 de novembro).

VII Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero Ames 2017

O xoves 16 de novembro terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro as VII  Xornadas Acércate: igualdade e prevención da violencia de xénero.

Programa

XIV Xornada de Nais e Pais. Educando en igualdade: rompendo cos estereotipos de xénero

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia organiza estas xornadas que terán lugar o sábado 4 de novembro na EGAP de Santiago de Compostela.

Inscrición.

CHARLA “NENAS E ADOLESCENTES NA GALICIA MODERNA"

O pasado 22 de marzo o alumnado de 3º da ESO tivo a ocasión de escoitar unha charla da catedrática de Historia Moderna, Ofelia Rey Castelao. No marco do día da muller, a profesora da Universidade de Santiago de Compostela fixo unha presentación da historia das “Nenas e adolescentes na Galicia Moderna”, tema ao que lle ten dedicado un gran número de investigacións.

No seu percorrido, Ofelia Rey descubriulle ao estudantado como era a vida das nenas da súa idade en Galicia durante os séculos XVI e XVIII e as enormes diferenzas existentes entre os diversos grupos sociais. 

A charla permitiulle ao noso alumnado entender como se levan a cabo as investigacións históricas e, máis importante se cabe, comprender que forman parte dunha xeración privilexiada cuxa principal preocupación é -ou debería ser- aproveitar ao máximo a educación recibida.

OBRADOIRO DE SEXUALIADADE E RELACIÓNS COERCITIVAS

A partir do martes 18 de abril, nas horas de titoría de 3º ESO, será impartido por Igaxes3 un obradoiro de sexualidade e relacións coercitivas. [Máis información]

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN 4º ESO

O obradoiro de xénero de ESCOLAS SEN RACISMO, ESCOLAS PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO desenvolverase nas seguintes datas

  • 4ºA: luns 7 novembro ás 13:40 e martes 15 novembro ás 10:50 hrs
  • 4ºB: martes 15 novembro de 8:50 a 10:30 hrs
  • 4ºC: martes 8 de 16:30 a 18:30 hrs

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE PARA O ALUMNADO DE 3º ESO

O alumnado de 3º ESO está a participar no Obradoiro de Sexualidade impartido dentro do Programa Aleida de Igaxes3.

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS

PRODUCIÓNS DO OBRADOIRO DE TELEVISIÓN DO PROXECTO “ESCOLAS SEN RACISMO”

Un grupo de 13 alumnos de e 3º ESO do noso centro formou parte este curso do proxecto “Escolas sen Racismo” promovido pola Asemblea de Cooperación Pola Paz (ACPP) mediante un Obradoiro de TV, no que durante seis semanas se traballou a educación en valores centrada, neste caso, e  por propia iniciativa dos alumnos, na temática medioambiental.  Achegamos algunhas das producións audiovisuais, "Ecoconsellos" e "Puntolimpo", realizadas polos nosos alumnos durante o obradorio e un enlace ao blog de “Escolas sen racismo”.

CONCURSO "8 MULLERES PARA CELEBRAR O 8 DE MARZO"

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, o equipo de Dinamización Lingüística desenvolveu o Concurso "8 mulleres para o 8 de marzo". Preme na imaxe para acceder á información:

"TALLER LILA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO" EN 2º BACHARELATO

O alumnado de 2º de Bacharelato participará no “Taller Lila de Prevención da Violencia de Xénero” organizado polo CIM do Concello de Ames e o Centro Vagalume, en dúas horas de atención educativa a partir desta semana.

COMUNICACIÓN PAIS

PROXECTO VAGALUME

Enlaces de interese:

http://igualdade.xunta.es/es/recursos/centros-de-informacion-las-mujeres

http://www.concellodeames.gal/nova.php?noticia=10703&idioma=es&sec=32

www.centro-vagalume.org/

CHARLA NA BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O xoves 26 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato asistiron na Biblioteca a unha charla sobre a relación dos estereotipos e roles de xénero co inicio da violencia de xénero. A charla estivo a cargo de Mabel Pérez Simal, Técnica educativa e Secretaria da Muller e Políticas de Igualdade de Comisións Obreiras en Galicia. Encabeza tamén na Comunidade a Fundación Paz e Solidariedade.

I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO en A NOSA BIBLIOTECA

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o  25 de novembro de 2015, A nosa Biblioteca organiza o I Concurso  de Carteis  contra a Violencia de Xénero, dirixido a alumnos de ESO e BACHARELATO. 

CONSULTA AS BASES DO CONCURSO NESTE ENLACE

 

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO participará no Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero organizado pola ONGD - ACPP ( Asamblea de Cooperación pola Paz), en dúas horas de titoría no mes de novembro. O obxectivo xeral deste obradoiro é promover a construción dunha sociedade baseada na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a partir do coñecemento, reflexión e comprensión dos factores que sosteñen as desigualdades.


25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero

  Con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, Ainhoa Seoane e Gloria Martínez fixeron a seguinte presentación: 

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O próximo martes 25 de novembro, haberá as seguintes actividades relacionadas co Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

  • Visionado de CURTAMETRAXES
    • Lugar: Nas aulas con canón
    • Horario escolar
 
  • Lectura dun MANIFESTO
    • 11:30 Recreo
   
     
  • CONFERENCIA a cargo de Lola Ferreiro, profesora do IES Lamas de Abade
    • Alumnado: 1º Bach B (Historia)
    • Hora: 16:00
    • Lugar: aula de 1º Bach B
   
  • Proxección da PELÍCULA Sara de Silvia Quer
    • Alumnado: 4º ESO A, B, C
    • Hora: 16:30
    • Lugar: Salón de actos
 
Distribuir contido