Obradoiro CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

     O xoves 23 de novembro a ONG AGARESO levou a cabo un obradoiro organizado pola Biblioteca do IES do Milladoiro para loitar contra a violencia de xénero. Os alumnos de 2º ESO A tiveron ocasión de reflexionar sobre os estereotipos sexistas e de traballar coas novas tecnoloxías. Esta actividade sumouse ao photo call DAMOS A CARA  e á exposición DATAS TRÁXICAS organizada pola Biblioteca en colaboración coa Biblioteca do IES A Esperela. Nela demos nome a todas as víctimas da violencia de xénero no noso país no que vai do 2017.