PDI

Xela, a superheroína de aldea

Éxito rotundo do encontro con Inma Soto no noso colexio!

O pasado 13 de abril, o noso colexio tivo o pracer de recibir á escritora Inma Soto, autora do libro "Xela, a superheroína de aldea", que estivemos traballando ao longo deste mes no club de lectura de 1º ciclo e 3º de Educación Primaria.

Na súa visita, Inma Soto deleitounos cunha narración amena e chea de vida do seu conto, na que o alumnado participou de forma activa grazas ao profundo coñecemento que xa tiñan da historia. A autora soubo captar a atención dos máis pequenos e transmitirlles a valiosa lección que se agocha tras as aventuras de Xela: a sorte que temos nas aldeas por contar con todos os recursos que necesitamos ao noso alcance.

Tras a narración, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular as súas preguntas a Inma, demostrando unha gran curiosidade e interese pola obra e a súa autora. Inma respondeu con entusiasmo a todas as preguntas, creando un ambiente distendido e enriquecedor para todos os presentes.

Como broche de ouro á visita, Inma asinou con dedicatoria persoal os libros e traballos realizados polo alumnado en clase, non sen antes darlles unha emocionante primicia: as aventuras de Xela terán continuación!

Desde o colexio, queremos agradecer a Inma Soto a súa amabilidade e proximidade, por nos ter regalado unha mañá máxica e por transmitir aos nosos alumnos e alumnas valores tan importantes como o amor pola lectura, a imaxinación e o respecto polo medio natural e rural.

Estamos desexando ler a continuación das aventuras de Xela!


RECURSOS PARA TRABALLAR NA AULA


COÑECE AS TÚAS INSTITUCIÓNS

coñece

O 9 de abril de 2024, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade “Coñece as túas institucións” realizando a visita ao Parlamento de Galicia e as dependencias da Xunta de Galicia en San Caetano.

Na visita ao Parlamento de Galicia puidemos ver ao presidente da Xunta Alfonso Rueda na presentación do seu proxecto así como as obras de arte que están expostas ao longo dos corredores, a biblioteca e o salón de Plenos así como ver en directo o pleno de investidura.

Na visita á Xunta de Galicia ensináronnos o edificio no que se pode existe un xardín interior, sala de secretarios e a sala onde traballan os conselleiros e conselleiras.

Para rematar a visita fomos a xantar á Cidade da Cultura.

Foi un día interesante e moi proveitoso... pero sobre todo poder xogar nas instalacións da Cidade da Cultura.

coñece_fotos

 

Semana da prensa na aula de 5º de Ed. Primaria

prensa

O PDI do alumnado de 5º de Educación Primaria, co título: “Todos xuntos melloramos o noso mundo”, desenvolveuse en dúas fases.
A primeira das fases, durante os dous primeiros trimestres facendo referencia a como atopamos o noso mundo e as diversas accións que vai realizando a sociedade, unhas que axudan a mellorar o noso planeta e outras que son necesarias melloralas. Unha das actividades realizadas ao longo da primeira fase que permite ao alumnado de 5º de Educación Primaria ver como se atopa o noso é a centrada na Semana da prensa (6 ao 10 de marzo) buscando noticias relacionadas sociedades xustas, pacíficas e inclusivas. O alumnado puido observar cales son as diferenzas entre as sociedades occidentais, orientais e países nos que aínda son gobernadas por ditadores.

prensa_fotos

SEMANA ESCOLAR DA PRENSA

prensa

Celebramos a Semana da Prensa no colexio!

O cole encheuse de xornalistas durante a primeira semana de marzo, coa celebración da Semana da Prensa. O alumnado tivo a oportunidade de mergullarse no fascinante mundo dos medios de comunicación e aprender sobre o proceso de elaboración de novas.

Ao longo da semana, realizáronse diversas actividades tanto na aula como na biblioteca escolar. Os alumnos de primaria gozaron de talleres nos que aprenderon sobre os diferentes tipos de xornais, como identificar as noticias falsas e a importancia dun xornalismo responsable, e a elaborar noticias ben estruturadas.

Esta iniciativa permitiulles aos estudantes desenvolver o seu espírito crítico, fomentar a lectura e a escritura, e comprender o papel fundamental que xogan os medios de comunicación na nosa sociedade.

Nas seguintes ligazóns podedes observar algunhas das actividades realizadas:

ENERXIA PARA CRECER

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participa no programa Energía para crecer de fundación Eroski centrada na alimentación, reciclaxe e alimentación cunha grande cantidade de recursos educativos. 

enexia

https://energiaparacrecer.escueladealimentacion.es/gl/users/ceipmanuelsueiro19514  

 

FEDELLANDO COS CIRCUITOS.

circuitos

O alumnado de 6º curso de primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro segue a perfeccionar o uso dos circuítos realizando nesta ocasión una maqueta da Torre Eifel e un vehículo propulsado por un pequeño motor.

Menudos xenios están feitos os alumnos e alumnas de 6º curso.

circuito_col

Construíndo veleiros

 Embarcándose no coñecemento: o alumnado de 5º crea veleiros.

Nunha emocionante actividade, chea de creatividade e aprendizaxe, o alumnado de 5º de Ed. Infantil embarcouse nunha experiencia única construíndo pequenos veleiros con gomaeva.

Deseñada para estimular a imaxinación e a aprendizaxe práctica, esta actividade non só foi divertida, senón que tamén contribuíu ao desenvolvemento de habilidades críticas.

A actividade, realizada no marco do currículo centrado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), concretamente o ODS 14 que aborda a vida submarina, tivo como principal obxectivo fomentar a experimentación e o xogo simbólico entre o alumnado.

Os ilusionados nenos e nenas mergulláronse na tarefa de deseñar e construír os seus propios veleiros mediante a gomaeva, un material versátil que permitiu a libre expresión da súa creatividade. Durante o proceso, os nenos e nenas, ademais de desenvolveron a motricidade fina, tamén se viron inmersos nun espazo de xogo colaborativo e enriquecedor.

A actividade non só se limitou á creatividade e á destreza manual, senón que tivo un enfoque holístico. Completamos a actividade coa incorporación á práctica de exercicios de respiración consciente, mentres os nenos e nenas traballaban nos seus veleiros. Esta técnica contribuíu ao seu benestar emocional e asemade, puxo de manifesto a importancia da conexión mente-corpo.

Encántanos ver como o alumnado se mergulla literalmente na aprendizaxe. A actividade de construción de veleiros foi unha experiencia moi divertida coa que traballamos no noso PDI os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Estamos a cultivar non só o coñecemento, senón tamén a cidadáns conscientes e comprometidos co mundo que os rodea".

A xornada culminou cunha pequena exposición onde presentaron as súas creacións, compartiron ideas sobre a vida submarina e reflexionaron sobre a importancia de coidar os nosos océanos e mares.

A actividade de fabricación de veleiros deixou unha impresión duradeira no corazón dos nenos e demostrou como a educación pode ser unha experiencia inmersiva e significativa.

No CEIP Manuel Sueiro seguimos navegando cara un futuro educativo sostible e enriquecedor para o noso alumnado.

Celebración do magosto 2023

O 10 de novembro, celebramos a festa do magosto no patio do noso colexio.

Seguindo a tradición dos últimos anos, primeiro disfrutamos dunha merenda a base de bolos preñados de chourizos, empanada de carne e bonito, e de postre bica que acompañou ás protagonistas desta festa: as castañas.

A continuación, realizamos un circuíto de xogos populares, con 9 estacións, que nos organizaron os/as profes do cole coa axuda do alumnado de prácticas.

Comida do magosto

 

Pintándonos no magosto

Xogos populares

 

Día Mundial da alimentación

A FAO celebra cada ano o Día Mundial da Alimentación o 16 de outubro, ao conmemorar a fundación da Organización en 1945. Organízanse eventos en máis de 150 países de todo o mundo, facendo que sexa unha das xornadas máis celebradas do calendario da ONU.

No Manuel Sueiro unímonos á conmemoración traballando sobre a fame infantil no mundo. Visitamos 8 países (Afganistán, Nixeria, Iemen, Bharat, Serra Leona, Madagascar,Etiopía, Malí e Honduras) que nos mostraron  o camiño cara o lema deste ano “ A NOSA META: FAME CERO”.

Tentamos concienciarnos da necesidade e responsabilidade do non desperdicio de comida no noso contorno, colexio, familia,... para non esquecer os obxectivos da axenda 2030.

Ao longo da semana do Día da alimentación, cada curso do cole pescudou información sobre un país dos que aínda se pasa fame no mundo e elaborou un lema sobre a Fame cero e o despercidio de alimentos.

Para rematar, o último día, o alumnado de cada curso expuxo ao resto do cole o resultado das súas pescudas e o lema elaborado.


 TRABALLOS FEITOS POLO ALMNADO


SLOGÁNS


 

ODS nº 2: Fame cero

No noso centro educativo, estamos a prepararnos para celebrar o Día Mundial da Alimentación, que se conmemora o próximo 16 de outubro. Para iso, ao longo de toda a semana, organizamos unha serie de actividades para concienciar ao alumnado sobre a importancia de loitar contra a fame e a malnutrición no mundo.

Introducindo o concepto de Fame Cero:

Comezamos a semana introducindo ao noso alumnado o concepto de Fame Cero, un obxectivo global establecido polas Nacións Unidas para erradicar a fame crónica no mundo. Para iso, utilizamos diversos materiais audiovisuais dispoñibles na nosa aula virtual, os cales permitiron aos estudantes comprender a magnitude do problema e as diferentes estratexias que se están a levar a cabo para combatelo.

Sierra Leona: Un caso de estudo:

Tras esta introdución xeral, decidimos afondar nun caso específico: Serra Leona, un país africano que se atopa entre os máis afectados pola fame e a pobreza. Os nenos e nenas de 2º de EP investigaron na web para obter información sobre a situación alimentaria en Serra Leona, analizando as causas da fame, as consecuencias que ten para a poboación e as iniciativas que se están a desenvolver para combatela.

Creando un vídeo informativo:

Con toda a información recollida, dividíronse en grupos e elaboraron un vídeo informativo sobre Sierra Leona. Neste vídeo, os nenos e nenas presentaron os datos máis relevantes sobre a fame neste país, expuxeron as causas e consecuencias da mesma, e compartiron ideas sobre posibles solucións.

Reflexionando sobre a importancia da acción colectiva:

A través destas actividades, o noso alumnado non só adquiriron coñecementos sobre a fame no mundo, senón que tamén desenvolveron unha maior sensibilidade cara a este problema. Ademais, aprenderon a importancia de traballar xuntos para lograr un mundo máis xusto e sostible, onde todos teñan acceso a unha alimentación adecuada.

O Día Mundial da Alimentación é unha oportunidade para recordar que a fame é un problema global que require solucións globais. No noso centro educativo, estamos comprometidos coa loita contra a fame e a malnutrición, e seguiremos traballando para concienciar ao noso alumnado sobre a importancia deste obxectivo.

¡Xuntos podemos construír un mundo onde ninguén pase fame!

Distribuir contido