Novembro 2015

Lenda do corvo e o gavilán

Ao longo do mes de novembro o alumnado de terciro e cuarto traballou esta fermosa lenda sobre o corvo e o gavilán

 

Lenda do corvo e o gavilánFai moito tempo, todas as aves que vivían na terra eran de cor branca. Parecíanse tanto unhas ás outras que, a veces, as nais non podían recoñecer as súas cativas.

Un día, un listo gavilán pensou que o mellor era colorear as súas plumas con tintas feitas con herbas. El  pintou a súa plumaxe de marrón.

Tamén pintou ás demais aves coas cores que elas quixeron, vermello, verde, cores variadas...

Pola noite o gavilán estaba esgotado e foise a durmir. De súpeto, alguén chamou a súa porta. Era un corvo que quería que lle pintasen tamén as plumas.

O gavilán non quería facelo, porque estaba moi canso, e díxolle que volvese mañá, pero o corvo enfadouse moito e tivo que pintarlle as plumas, e como estaba tan canso, logo de acabar, envorcou un vaso de tinta negra, sen querer, enriba do corvo.

Desde entón, o corvo é de cor carbón e persegue ao gavilán sen descanso.


RECURSOS EDUCATIVOS


  • Lenda en pdf
  • Versión sonora interpretada polo alumnado de cuarto.

 

Celebración do magosto 2015

Celebración do magosto

Ao longo das dúas primeiras semanas do mes de novembro realizamos en clase diversas actividades relacionadas co magosto.

O martes, 10 de novembro, celebramos a festa do magosto coa realización do asado de castañas nunha gran fogueira realizada polo profe Alfonso. Unha vez comidas as castañas pintámonos as caras e mans coa cinsa do lume. 

Para rematar, todo o alumnado participou nun circuíto de xogos con castañas.

Pasámolo xenial!!

Galería de imaxes

Exposición de traballos con castañas 2015

Ao longo do mes de novembro realizamos na entrada do colexio unha exposición con manualidades feitas con castañas na que participaron todos os membros da comunidade educativa que o desexaron.

Os traballos presentados este curso foron dunha gran calidade. Na seguinte galería de imaxes podedes observalos.

GALERÍA DE IMAXES

 


 

GAÑADORES DO CONCURSO

Traballo de María
Ed. Infantil 1º, 2º e 3º de E. Primaria 4º, 5º e 6º de E. Primaria

O 20 de novembro tivo lugar a entrega de agasallos aos mellores traballos de cada grupo. Neste concurso, todos e todas os/as participantes recibiron un fantástico agasallo destinado a fomentar a súa creatividade plástica. Asemade os gañadores de cada categoría recibiron sendos cadernos cos que comezar a plasmar dita creatividade.

Todo o alumnado do centro participou como xurado na elección dos mellores traballos. Os resultados da votación pódense ver nas seguintes ligazóns: