Febreiro 2018

Chove miudiño

Na semana do 23 de febreiro, na que se conmemora o Día de Rosalía, traballamos o seu poema Chove miudiño.

Unha vez memorizado, relizamos un mural que expuxemos no corredor da nosa aula e ilustrámolo cos meteoros que nel aparecen.

Entrega de premios Concurso de logos

O 27 de febreiro tivo lugar a entrega de premios do Concurso de logos para representar ao colexio.

Todos e todas os/as participantes recibiron un diploma acreditativo como agradecemento á súa colaboración co centro. Asemade, o traballo gañador recibiu unha tablet.

Desde aquí volvemos a dar as grazas a todos!!

Día de Rosalía de Castro 2018

Ao longo da semana do cumpleanos de Rosalía traballamos nas aulas a súa vida e obra seguindo as propostas marcadas pola asociación de escritoras e escritores galegos.

Parte do resultado do noso traballo podédelo ver no seguinte libro que recolle o poema de "Adiós ríos, adiós fontes..." traballado polo alumnado de 2º e 3º de Primaria.


O alumnado de 3º de Ed. Primaria encargado da estación de meteoroloxía traballou o poema "Chove miudiño".

Ponlle as pilas ao teu bocata

O 21 de febreiro todo o alumnado do centro participou na actividade promovida pola consellería de Pesca "Ponlle as pilas ao teu bocata", para a dar a coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar. Esta iniciativa desenvólvese nos colexios públicos e numerosas competicións deportivas e campamentos da comunidade autónoma.

“As conservas teñen unha chea de enerxía para o teu bocata”

Ter unha dieta rica e equilibrada é fundamental para crecer. Levar unha alimentación adecuada, completa e variada dáche a enerxía necesaria para facer o que che guste durante o día.

Coñecimos as especies mariñas en conserva, que xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. servirannos para elaborar os teus propios bocatas!

Experimenta con todas as combinacións que se che ocorran, e gozarás de infinidade de sabores que che achegarán todos os beneficios enerxéticos que necesitas para crecer san e forte!.

Desfile de Entroido 2018

O venres de Entroido realizamos o desfile de disfraces na pista polideportiva do centro cunha gran asistencia de familiares e amigos do alumnado.

Previamente ao inicio do desfile, participamos nunha degustación de doces de entroido que foron realizados coa colaboración das familias do alumnado. Desde o centro, agradecemos o esforzo e traballo de todos e todas as reposteiras participantes.

Como en anos anteriores, cada curso disfrazouse dunha temática que está relacionada co PDI que están a desenvolver nas súas aulas:

Ao rematar o desfile,

pasámolo xenial no baile de disfraces!!

GALERÍA DE IMAXES

Apertas que voan

Durante a semana da Paz todo o alumnado do centro traballou a canción de Paco Nogüeiras "Apertas que voan".

No vídeo e nas imaxes podedes observar o ben que o pasaron interpretando a canción o Día da Paz.

O raposo e a mestra

O alumnado de 2º realizou unha nova sesión do "Concurso de animación á lectura". Nesta ocasión o libro traballado foi "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas.

O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día.

Nesta ocasión as gañadoras do concurso foron Eva e Elisa.

Patabéns para todos polo traballo realizado!!

Axente Riciños

Na semana da Paz, Iago López, o contacontos co que Ed. Xerais nos agasallou este ano, realizou unha sesión de contacontos para os máis cativos do cole na nosa biblioteca. O título do conto foi "Axente Riciños"

Non hai detalle que escape á lupa de Riciños de Ouro, a nena máis curiosa do bosque. Sopas a temperatura volcánica? Colchóns de cama que eslombarían ata unha estatua? A axente Riciños resolve o crime antes de que se cometa. Se necesitas axuda, só tes que facerlle un aceno.

O público infantil disfrutou con Martiño e as historias de Riciños. Esperamos que volva pronto á nosa bilioteca.

 

YOU´LL NEVER WALK ALONE 2018

YOU´LL NEVER WALK ALONE

Neste día, no que conmemoramos o International Day of Peace,
As nenas e nenos do CEIP Manuel Sueiro
Queremos camiñar, non en solitario, senón en boa compaña.

Na nosa escola nunca camiñamos sós,
As nosas mestras e mestres camiñan ao noso carón
Compartindo as incidencias no noso camiñar.
GRAZAS PROFES!

Pero hai moitas persoas que camiñan en soidade
Fuxindo do horror, da fame, da dor, …
E descalzos ao longo dese camiño

Non queremos que camiñen en soidade,
Compartimos o noso agarimo, e os nosos zapatos.
Un calzado moi especial, cheo de esperanza.

Son os nosos SHOES FOR PEACE,
Que nos permitan WALK WITH THE REFUGEES
E berrar ben forte YOU´LL NEVER WALK ALONE!!!

 

GALERÍA DE IMAXES

 

Xoves de comadres 2018

O alumnado de 2º e 4º de Ed. Primaria participou no Xoves de compadres que organizou a Concellería de educación de Ourense.

En total fomos máis de 300 nenos correndo detrás das nenas para destruírlle o compadre, que previamente fora elaborado nas aulas nun obradoiro sobre o Entroido.

Case ninguén conseguiu salvar ao seu compadre!!

Pasámolo xenial. Para o ano voltaremos á Praza Maior.


Na prensa