Febreiro 2016

24 de febreiro, Día de Rosalía

Galería de imaxes

O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:

  • O alumando de Ed. Infantil traballou a figura de Rosalía ao longo de toda a semana coa elaboración dun gran mural alusivo á escritora.
  • En Ed. Primaria traballouse co material compilado na web do cole e a unidade didáctica elaborda polo Equipo de Dinamización Lingüística.
  • A maioría do alumnado participou na proposta da AELG que este ano consistiu na elaboración dunha postal na que figuraba impreso o poema "Canta paxariño alegre".
  • O alumnado de 1º, 3º e 4º memorizou e recitou o poema.

GALERÍA DE IMAXES

Galería

Só por hoxe

No día de San Valentín, despois de traballar a Lenda de San Valentín recitamos o poema titulado "Só por hoxe".

Tonecho de Rebordechao

Galería de imaxes

Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao".

Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to dos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

O desenvolvemento do concurso foi moi igualado ata o final do mesmo, debido ao amplo coñecemento que os lectores tiñan da obra. Ao final, os gañadores resultaron ser a parella formada or Uxía e Ivan que recibiron como agasallo un exemplar da obra de An Alfalla "O fío vermello" que se traballara na Hora de ler ao longo das próximas semanas.

Tonecho de Rebordechao

GALERÍA DE IMAXES

Desfile de entroido 2016

O venres, 5 de febreiro, celebramos no colexio a Festa do Entroido. Nela participou toda a comunidade educativa, cunha ampla presenza dos familiares do noso alumnado, o cal é de agradecer.

Este ano, cada curso, disfrazouse dunha temática diferente, relacionada co traballo que se está a desenvolver no PDI "Galicia arrecende a aventura"... tivemos aprendices de cociñeiros, traxes típicos de Galiza, camiñantes con destino Compostela, avoiñas menciñeiras, guardiáns da educación vial, as aventuras de don Quixote e a súa "trupe" e pescantíns troiteiros.

Previamente, e para coller forzas, degustamos as exquisiteces que as nosas nais e avoas prepararon con tanto agarimo para todos nós...

...que rico estaba todo!!!

Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos.

Galería de imaxes

(Se tedes conta en Google, podedes engadir as vosas imaxes a esta Galería)

Xoves de comadres 2016

O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro.

Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense.

A prensa recolleu a nova nas súas edicións:

Para o próximo ano volveremos!!!

Galería

Xogando ás olas coas Pitas de Eiroás

Xogo das olas

O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar.

Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade.

No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo.

Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos...

Galería de imaxes

O meco manda 2016

 

Os mecos do Manuel Sueiro toman protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicarán puntalmente as súas mandas...

...non vos esquezades de visitalos para poder cumprilas.

luns martes Mércores  
Luns Martes Mércores Xoves Venres

Preme na Galería de imaxes para ver que ben o pasamos