Decembro 2017

Concurso logotipo para o colexio

O CEIP Manuel Sueiro non dispón actualmente dun logotipo que o identifique dun modo fácil, integrador, inequívoco e actual. O obxectivo deste concurso é a elaboración dun logotipo que ofreza unha nova imaxe do centro.

O logotipo será destinado a ser a imaxe representativa do CEIP Manuel Sueiro, en toda a difusión de información sobre o mesmo, a través de súa páxina web e outros documentos.

Poderán participar todos os membros da comunidade educativa cun máximo de dous traballos. Estes deberán ser orixinais e inéditos.

O prazo de presentación remata o 27 de xaneiro de 2018.

O responsable do logotipo gañador recibirá unha tablet como agasaio.

Bases do concurso.

Anímate e participa!!

Premiados polo Colexio de economistas

Dous alumnos do noso centro resultaron premiados polo Colexio de economistas de Ourense no IV Concurso de postais de Nadal no que participaron nenos e nenas que cursan estudios en Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria da provincia de Ourense.

O último día de clase, fíxoselle entrega do diploma e dun agasallo achegado polo Colexio de economistas.

Moitos Parabéns para Lorenzo e Anxo de Ed. Infantil.

 

Festival de Nadal 2017

O mércores 20 de novembro relizamos o Festival de Nadal no Salón de Actos do IES As Lagoas. Este ano tivemos unha gran afluencia de familiares e amigos dos nosos estupedos artistas, os cales asistiron para presenciar, en directo, os fabulosos espectáculos que estiveron preparando ao longo deste trimestre.

O programa de actuacións foi o seguinte: (Preme para ver os vídeos)

  1. "Twist de Navidad". Ed. Infantil.
  2. Teatro "Restaurante Farruco". 1º e 2º de Ed. Primaria.
  3. "Esta Navidad mi deseo eres tú". 4º Ed. Primaria.
  4. "Hoy he visto una estrella". 4º de Ed. Primaria.
  5. Poesía "Nadal no San Xoan". 6º de Ed. Primaria.
  6. Baile "Bajo el mismo Sol". 5º de Ed. Primaria.
  7. "El camello cojito". 3º de Ed. Primaria.
  8. "Mi música es tu voz". 4º de Ed. Primaria.

Agradecemos ao Equipo Directivo e ao persoal laboral do IES As Lagoas a colaboración mostrada, cara o noso centro, para que fose posible a realización desta actividade.

Imaxes do Nadal 2017

Preme para ver a Galería de imaxes do centro no Nadal 2017

Postais de Nadal

Se premedes na imaxe veredes a galería de imaxes das postais de Nadal elaboradas polo alumnado do CEIP Manuel Sueiro.

Novo recanto de lectura

No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado.

Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.