Nadal

Concurso de postais de Nadal

Anunciando a Postal gañadora do Concurso EDL

Nun ambiente cheo de espírito navideño, o EDL do noso centro educativo organizou un concurso de postais de Nadal, invitando ao alumnado a expresar a súa creatividade e a celebrar as vacacións dun xeito único. O resultado foi unha impresionante mostra de talento artístico e festivo.

O certame, que buscaba non só fomentar a creatividade senón tamén promover o sentido de comunidade, contou cunha gran participación do alumnado. Desde os máis pequenos ata os maiores, cada postal foi unha expresión única dos desexos e a alegría característicos da estación.

Despois da votación realizada por toda a comunidade educativa, a postal gañadora, creada polo alumnado de 6º de Ed. Infantil, foi elixida para enviar as felicitacións de Nadal en nome de todo o colexio. Entre as outras destacou a creatividade, o detalle e a emotiva mensaxe da obra.

O EDL expresou o seu agradecemento a todos os participantes por aportar a súa arte e entusiasmo, facendo deste concurso un éxito e agasallou a todos os nenos e nenas participantes.

Que este Nadal e o ano que vén nos aporten máis oportunidades para celebrar, aprender e crecer xuntos como comunidade.

Boas festas a todos e todas!

Campaña de recollida de xoguetes

O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro colabora con Protección Civil de Ourense na Campaña de Nadal 2023 na que poderedes doar xoguetes ou alimentos na caixa que se atopa na entrada do colexio, entregando os alimentos recollidos no Banco de Alimentos e os xoguetes recollidos doaranse aquelas asociacións que os requiran a Protección Civil. A campaña de recollida de xoguetes e alimentos do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro iníciase o luns 27 de novembro e remata o xoves 21 de decembro de 2023.

Boneco de Neve

O alumnado de 4º de Ed. Primariarealizou uns bonecos de neve para agasallar as súas familias e decorar nas súas casas. Se premes na imaxe superior poderás visionar os nosos traballos.

Nadal 2020

Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.

Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.

Actuacións:

Bo Nadal!

Festival de Nadal

O 19 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas grazas á colaboración desinteresada do seu Equipo directivo e do persoal de non docente, o cal é de agradecer, unha vez máis.

Damos as grazas, tamén, a todas as persoas asistentes, ás diferentes actuacións, polo seu apoio incondicional e a súa paciencia durante o tempo que durou o festival.

O programa foi o seguinte: (En breves publicaremos os vídeos nesta entrada)

 

Photocall Nadal 2019

Festival de Nadal 2018

O 20 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas que desinteresadamente nos facilitou o seu equipo directivo, desde aquí queremos agradecer a súa colaboración e a do persoal laboral do IES.

A asistenca ao Festival foi todo un éxito grazas á participación da maioría familias da nosa comunidade educativa.

Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o fixeron.

 

 

 

Nadal 2018

Xa chegou o Nadal ao CEIP Manuel Sueiro!!

Estades todos e todas convidados a presenciar todo o que está a acontecer nos corredores do noso cole... iso si, se vindes ver o cole, traede unha cámara fotográfica para inmortalizar o voso careto no espectacular photocall que temos na entrada.

Esperamos que sexa do voso agrado.

Premiados polo Colexio de economistas

Dous alumnos do noso centro resultaron premiados polo Colexio de economistas de Ourense no IV Concurso de postais de Nadal no que participaron nenos e nenas que cursan estudios en Ed. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Ed. Primaria da provincia de Ourense.

O último día de clase, fíxoselle entrega do diploma e dun agasallo achegado polo Colexio de economistas.

Moitos Parabéns para Lorenzo e Anxo de Ed. Infantil.

 

Festival de Nadal 2017

O mércores 20 de novembro relizamos o Festival de Nadal no Salón de Actos do IES As Lagoas. Este ano tivemos unha gran afluencia de familiares e amigos dos nosos estupedos artistas, os cales asistiron para presenciar, en directo, os fabulosos espectáculos que estiveron preparando ao longo deste trimestre.

O programa de actuacións foi o seguinte: (Preme para ver os vídeos)

  1. "Twist de Navidad". Ed. Infantil.
  2. Teatro "Restaurante Farruco". 1º e 2º de Ed. Primaria.
  3. "Esta Navidad mi deseo eres tú". 4º Ed. Primaria.
  4. "Hoy he visto una estrella". 4º de Ed. Primaria.
  5. Poesía "Nadal no San Xoan". 6º de Ed. Primaria.
  6. Baile "Bajo el mismo Sol". 5º de Ed. Primaria.
  7. "El camello cojito". 3º de Ed. Primaria.
  8. "Mi música es tu voz". 4º de Ed. Primaria.

Agradecemos ao Equipo Directivo e ao persoal laboral do IES As Lagoas a colaboración mostrada, cara o noso centro, para que fose posible a realización desta actividade.

Distribuir contido