PDI

A YELLOW SUBMARINE!


Todos e todas nós aportamos o noso gran de area no coidado e aproveitamento sostible dos nosos mares e océanos. Por eso, os/as peques de E. Infantil, quixeron colaborar no proxecto do centro “MERGÚLLATE NO OCÉANO MÁIS AZUL”, do xeito que máis lles gusta, a ritmo dos Beatles.

A canción “The yellow submarine” serviu de excusa para aprender máis sobre o medio mariño: fish, waves, the sea, ...

Pero o noso yellow submarine non se move cun motor contaminante do fondo do mar, a enerxía que o move non pode ser máis limpa e inocente: As voces e a ilusión polos seus traballos a prol do coidado do mar.

DISFRUTA DO FONDO MARIÑO A BORDO DO NOSO YELLOW SUBMARINE!

Desfile de Entroido 2023

 O venres, 17 de febreiro, participamos no desfile de Entroido que organizamos polas rúas do centro de Ourense, xunto aos colexios do Mestre Vide e Curros Enríquez e contando coa colaboración do Concello de Ourense.

Cada colexio ía de unha temática diferente. A do noso estaba relacionada co PDI que estamos a desenvolver este curso: “Coidemos o noso mar”.

O alumnado de 1º, 2º e 6º de EP disfrazáronse de estreliñas de mar, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP ían de buzos e o alumnado de Infantil engalanouse con escamas de peixes de cores para crear tres bancos de peixes diferentes.

O desfile foi todo un éxito debido a gran participación das familias ao longo de todo percorrido.

Coidando o noso mar

Por uns días o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro achegouse ao mar da man da Biblioteca Escolar do centro, guiados pola exposición itinerante “Coidando o noso mar”, prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Desde as Rías Baixas chegaron as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor.

Esta exposición enmárcase no PDI do centro, adicado aos ODS axenda 2030. En concreto, o obxectivo 14:  Conservar e utilizar de xeito sostible os océanos, mares e os recursos mariños.

Protexer os nosos océanos debe ser unha prioridade. A biodiversidade mariña é vital para a saúde das persoas e do planeta. As áreas mariñas protexidas deben ser xestionadas de forma efectiva, tamén os seus recursos, e poñer en marcha regulamentos que reduzan a sobrepesca e a contaminación mariña dos océanos.

MERGÚLLATE NO MAR MÁIS AZUL!

Love your eyes!

Desde o noso cole apoiamos e damos voz ás iniciativas promovidas pola IAPB, organismo internacional recoñecido como líder mundial na defensa da saúde dos ollos.

Como di o logo, a campaña anímanos a todos/as a amar os nosos ollos, a coidar a nosa visión e romper as barreiras que impiden brindar atención oftalmolóxica en todos os países do mundo.

Tamén coñecemos a figura de Louis Braille que ideou un sistema de puntos en releve para ler e escribir, coñecido tamén como cecografía.

Escribimos con ese método unha frase que deixa ás claras os prexuizos que, ás veces, temos sobre as persoas con discapacidade visual. Non temos a máquina para escribir braille, pero solucionámolo con imaxinación, un tradutor e boliñas de algodón.

A nosa frase é: MIRANDO SEN VER. Con este xogo de palabras deixamos ben clara a nosa intención de romper as barreiras daqueles que NON QUEREN VER.

Creamos unhas gafas do máis chulas coas que pretendemos cambiar a cor e a mirada de todos/as nós.

E temos un agasallo en forma de frase para rematar cun sorriso:

  • I OPENED TWO GIFTS THIS MORNING:
  • THEY WERE MY EYES!

A árbore dos ODSeos

O curso de 4º de Educación Primaria iniciamos as actividades e situacións de aprendizaxe navideñas.

Nesta nova, presentámosvos "A árbore dos ODSeos". Aproveitando que o PDI do Centro son os ODS da axenda 2030, creamos unha árbore navideña xigante na que o alumnado colgara os seus desexos relacionados cos ODS, formando deste xeito os ODSeos.

Ponte nos seus zapatos

En sintonía coa elección do Proxecto Documentado Integrado do colexio neste curso académico, dende o área de Relixión estamos a traballar o ODS 1: Acabar coa pobreza no mundo.

Para entender que a pobreza pode chegar a calquera por situacións inesperadas e podemos partir dunha situación económica social boa e de repente, quedarnos sen nada, na máis absoluta miseria con o que esa situación implica, fixemos para os cursos de 5º e 6º Educación Primaria unha dinámica baseada na experiencia dun emigrante.

En que consistiu a actividade?

Proponse aos alumnos e alumnas que imaxinen que sucedeu algo moi grave en España e deben deixar o seu país en unhas horas.

Antes de abandonar o país, poden ir a súas casas a recoller só 20 obxectos que poden levar con eles tendo en conta as necesidades básicas que necesitan cubrir. Unha vez que escollan as cousas que queren levar, les diremos que cada un deles debe deixar cinco deses obxectos porque o único medio dispoñible para poder viaxar é unha barca pequena na cal irán moi apertados e polo tanto, non poden levar moito equipaxe.

Comeza a travesía e cando levamos xa cinco días de viaxe, se acabaron xa a metade dos víveres (comida e auga). Ao cabo de dous días máis, prodúcese no mar unha forte tormenta que fai balancear a barca producindo a perda da metade dos obxectos que tiñan nese momento. Cinco días despois non nos queda ningún alimento nin auga e empezamos a sufrir fame e sede.

Por último, cando case estamos a punto de chegar á terra, a barca sufre un naufraxio e perdemos todas as pertenzas que aínda nos quedan.

Por fin, chegamos a terra, empapados, co só a roupa que levamos posta, sen ter absolutamente nada máis, mortos de frío, tristes e famentos.

O texto bíblico que traballamos nesta sesión encóntrase en Mateo 25:35-40 “Porque tiña fame e me destes de comer; tiña sede e me destes de beber; eu era un estraño, e recollíchesme; estaba espido e cubríchesme; enfermo, e me visitastes; no cárcere, e viñeches a min.  Entón, os xustos responderán: Señor, cando os vimos con fame, e apoiámosche ou sedento, e démosche a beber?  E cando nos vimos estraños, e te collemos ou espidos, e cubrímosche? Ou cando te vimos enfermo ou no cárcere, e chegamos a ti?  E respondendo, el díxolles: dígolle que en canto fixeches un destes irmáns pequenos, fixeches a min.

Cando rematamos a actividade, os nenos e as nenas reflexionaron acerca de como se sentirían si a eles les ocorrese algo así. Tamén falamos de como por ser cristiáns somos chamados a ser solidarios e compasivos coas persoas que vense nestas situacións axudándolles con o que podamos facer, sabendo que facer isto é como si se o fixéramos ao mesmo Xesús.

Elaborando o libro de receitas para o Día da alimentación

Preparamos un receitario de cociña entre todas as aulas,onde atoparás estupendas receitas reais ou inventadas, Coidado coa que escolledes!!!; o libro estará dispoñible na biblioteca do cole para deleite dos usuarios e nesta mesma páxina.

Degustación dos produtos elaborados para o Día da alimentación

O 19 de outubro degustamos os alimentos elaborados polo o alumnado nos obradoiros de cociña que realizamos en todas as aulas do noso centro.

Exposición de ALIMENTarte

Na Semana do Día da alimentación preparamos unha exposición “ALIMENTarte” onde creamos bodegóns con diferentes técnicas e tentamos de imitar ao gran Giuseppe Arcimboldo.

O alumnado de 4º de EP realizou un bodegón en vivo e en directo que foi visitado por todo o alumnado do cole.

Día mundial da alimentación

Cada 16 de outubro desde o ano 1979 conmemórase o Día Mundial da Alimentación, unha celebración promovida por a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), co claro obxectivo de diminuír a fame no mundo, propósito que tamén busca a Axenda 2030 coa súa meta de fame cero.

O lema deste ano é “NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS”.

No cole adicámoslle varios días a traballar a alimentación.

Preparamos un receitario de cociña entre todos,onde atoparás estupendas receitas reais ou inventadas, Coidado coa que escolledes!!!; o libro estará dispoñible na biblioteca do cole para deleite dos usuarios.

Preparamos unha exposición “ALIMENTarte” onde creamos bodegóns con diferentes técnicas e tentamos de imitar ao gran Giuseppe Arcimboldo.

Para rematar o día 19 o noso alumnado imitou ás persoas que exercen de grandes CHEFS, recreando diferentes receitas.

Chegado o recreo degustamos os produtos elaborados no obradoiro de cociña na entrada do noso centro.

Pasámolo Xenial!!!

O Manuel Sueiro únese ao NON DEIXAR A NINGUÉN ATRÁS.

Distribuir contido