Día da biblioteca 2014

O 24 de outubro, como non podía ser doutro modo, celebramos no noso centro o Día da Biblioteca dun xeito moi especial. O alumnado de 5º e 6º curso de Primaria representou  na biblioteca unha obra teatral que nos recordou os PDIs (Proxecto Documental Integrado) que realizamos en anos anteriores i en que vai consistir o que imos realizar este curso: "Mergúllate nun mar de números". Para a presentación do proxecto contamos coa actuación estelar da galiña Turuleta, que será unha das protagonistas deste PDI.

A continuación o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria fixo entrega á Biblioteca dun libro de poemas realizado por eles durante o tempo destinado á Hora de ler. O título do libro é "O fafarrún" i esta baseado no poema orixinal de Gloria Sánchez.

Asemade, presentaron á toda a comunidade educativa o estreno da curta que fixeron sobre o libro "O fafarrun".

Moitos parabéns para estes "pequenos" grandes artistas!! 

A mestra responsable do EDL (Equipo de Dinamización Lingüística) presentounos a exposición sobre tradición oral galega, na que participou libremente a comunidade educativa, e que está nos corredores do centro para ser visitada.

Fixemos entrega das mochilas viaxeiras aos respectivos titores para que o alumnado as leve as súas casas para compartir lectura, en tempo de lecer, coas súas familias.

Outra das actividades realizadas foi a entrega do carné de biblioteca aos novos lectores do centro. Tamén agasallamos con carnés de Honra aos mestres en prácticas, á auxiliar de conversa de inglés e aos donantes de agasallos para a biblioteca.


Para rematar, un dos alumnos de 5º curso de Ed. Primaria fixo unha doazón altruísta de libros para a biblioteca. Desde aquí animamos a toda a comunidade educativa a seguir o mesmo exemplo con aqueles libros que sexan adecuados ás idades do noso alumnado e que quizás, por diversos motivos, non lles sexan de utilidade nas súas casas.

 

 

Galería de imaxes das actividades realizadas