PDI

Obradoiro de formación no proxecto de Meteoescolas

Na última semana do mes de novembro puxemos en funcionamento a web de meteoroloxía do noso centro para recoller todas aquelas novas relacionadas co proxecto Meteoescolas.

Todo o alumnado e profesorado implicado participou activamente na biblioteca do cole nun obradoiro de formación para ser quen de rexistrar e introducir os datos meteorolóxicos observados na web.

Neste obradoiro traballamos cos datos meteorolóxicos reflectidos en Meteogalicia dos meses de setembro, outubro e novembro de 2014.

Asemade, tamén realizamos prácticas de medida co pluviómetro e o termómetro de máximas e mínimas, que de momentos son os aparellos de que dispomos na nosa estación.


 

Estación meteorolóxica de Leo

A finais de novembro, e grazas a colaboración de varios membros da comunidade educativa do cole, foi instalada a nova estación meteorolóxica do CEIP Manuel Sueiro.

Dita estación está situada na zona norte do colexio nunha parte despexada do recinto para recoller coa mallor precisión posible os datos meteorolóxicos do noso barrio.

Os rexistros que cada día indiquen os aparellos da estación, serán reflectidos na nosa web e na web oficial que Meteogalicia pon a disposición dos centros que participan no programa de Meteoescolas.

De momento, a estación conta cun termómetro de máximas e mínimas e un pluviómetro.

Concurso "Ciencia que conta"

No mes de novembro o alumnado de 6º curso participou no concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia "Ciencia Que Conta". En xeral, tratábase de relatar poñendo en valor a importancia da I+D+i no desenvolvemento económico e benestar dunha sociedade –nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.

Neste libro recopilamos os traballos presentados polo alumado de sexto curso do noso centro, esperamos que sexan do voso agrado.

Proxecto de Meteoescolas.

O proxecto presentado polo noso centro, foi seleccionado xunto a outros 4 centros da provincia de Ourense, para participar no programa de Meteoescolas que organiza á Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Consellería de Educación, Cultura e O.U.

O profesorado encargado de coordinar este proxecto participou nunha xornada de formación que se desenvolveu nas aulas de Meteo Galicia en Santiago. Alí fíxosenos entrega dos instrumentos necesarios para a recollida de datos meteorolóxicos (un pluviómetro e un termómetro dixital de máimas e mínimas) e que serán instalados no patio do noso cole.

Elaboramos un blog no que iremos reflectindo tanto os datos metereolóxicos rexistrados como as actividades realizadas ao longo do curso en relación ao proxecto Meteoescolas.

Mergúllate nun mar de números

Este curso, a Asesoria de Bibliotecas Escolares propuxo como tema de traballo o mundo das matemáticas. Desde a biblioteca do noso centro, animámonos a volver realizar un proxecto documental que estea en sintonía coa temática suxerida pola Asesoría. Despois de reflexionar e deliberar sobre os contidos a traballar, ao longo do curso, no PDI, o Equipo de Biblioteca elixiu o seguinte  título: "Mergúllate nun mar de números".

O PDI foi presentado, a toda a comunidade educativa, o Día da Biblioteca e utilizamos para a ocasión unha representación teatral moi orixinal, que foi interpretada espectacularmente polo alumnado de 5º e 6º curso.

 


Galería de imaxes coa ambientación que realizamos nas aulas e corredores en relación ao PDI "Mengúllate nun mar de números".

 

Auxiliar de conversa en inglés

Este curso contamos cunha nova auxiliar de conversa en inglés chamada Miranda Melissa.

Participou activamente na presentación do PDI deste curso"Mergúllate nun mar de números" ao alumnado dándolle as explicacións precisas sobre o significado da decoración da entrada da biblioteca.

O fafarrún

O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler" o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático".

Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación.

Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado...

Imaxes en pdf para traballar o poema:

O fafarrún

O alumnado de 1º curso de Ed. Primaria estivo traballando na "Hora de ler" o poema de Gloria Sánchez titulado "O fafarrún", dentro do PDI, que neste curso se está a desenvolver no centro, titulado "Mergúllate nun mar de números" e en relación á temática central que se propón desde a Asesoria de Bibliotecas aos centros do PLAMBE: "Biblioteca escolar... matemático".

Para ilustrar o poema, o alumnado utilizou imaxes de números da web www.escuelaenlanube.com que decorou segundo a súa imaxinación.

Esperamos que o resultado final sexa do voso agrado...

Imaxes en pdf para traballar o poema:

PLAMBE 2014/2015

O proxecto de biblioteca do noso centro foi dos mellor valorados na convocatoria para o curso 2014/2015, motivo que nos enche de gran satisfacción e que pon de manifesto a valia de todo o traballo realizado ao longo destes últimos anos desde a biblioteca do centro.

Moitos parabéns para toda a comunide educativa, xa que a maioría tedes algo que ver con este recoñecemento.

Este curso o tema central que se propón desde a Asesoría de Bibliotecas son as matemáticas, baixo o lema Biblioteca escolar... matemático!!!

Leo xa está deseñando o traballo que realizaremos ao longo do curso e en breve teremos noticias do mesmo.

 

Distribuir contido