Novembro 2017

VIII xornadas de bibliotecas escolares

O equipo de biblioteca do noso centro participou nas VIII xornadas de bibliotecas escolares que se desenvolveron no Pazo de Congresos de Santiagp de Compostela cunha ponencia titulada: 

 "Aumentando a realidade, diminuíndo diferenzas"

 

Premiados no Concurso da Constitución

Cinco alumnos e alumnas de Ed. Infantil, do noso centro, resultaron premiados no concurso da Constitución deste ano. O día 6 de decembro, recolleron o seu galardón na Festa da Constitución que se celebrou no Auditorio provincial, ante as autoridades de Ourense.

Parabéns para todos os premiados!!!

Entrega de premios

A castaña que rebentou de risa

Ao longo do mes de novembro a nosa castañeira fixo garda na entrada da biblioteca para repartir o conto de "A castaña que rebentou de risa" a todo o alumnado do cole. Un conto en formato minilibro para colorear co que descubrimos por que a castaña ten dúas cores.

 

Magosto 2017

O 14 de novembro celebramos, no patio do colexio, a festa do magosto como colofón a todas as actividades realizadas en torno aos froitos de outono, especialmente ás castañas.

Este ano, contamos coa presenza dos nosos veciños do CIFP Portovelo que cursan o Ciclo Superior de animación sociocultural e turística. Eles foron os encargados de animar o tempo de lecer ata que todas as viandas estiveron listas e preparadas para degustar.

O menú estivo composto por pulgas preñadas, empanada, bica e castañas asadas por un castañeiro de recoñecida sona na nosa comunidade educativa.

Ao remate do xantar, e seguindo a tradición, aproveitamos para cinsarnos a cara e as mans coa borralla da fogueira.

Pasámolo xenial!!

Exposición magosto 2017

Durante o mes de novembro realizamos, nos corredores do colexio, unha exposición temática sobre froitos do outono con traballos manuais  elaborados polo alumnado do centro coa axuda das súas familias.

Na galería de imaxes podedes observar a extraordinaria calidade dos traballos presentados. 

Quién recoge las cacas del perro?

O alumnado de 2º de Ed. Primaria participou no concurso de animación á lectura que, cunha metodoloxía lúdica, pretende avaliar os resultados da lectura realizada no mes de outubro durante a Hora de ler.

O título traballado nesta ocasión foi "¿Quién recoge las cacas del perro?" de Ricardo Alcántara e Gusti e publicado por Edelvives.

"Pablo e seu pai queren ter un can, pero non están dispostos a limpar as súas cacas. Terán que elixir entre a responsabilidade ou a indiferenza do animal."

Os membros do equipo gañador recibiu como agasallo un exemplar do próximo libro que traballaremos: "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas.

 

Proxecto Meteoarte

O proxecto desenvolvido ao longo do curso pasado, polo alumnado de 6ºde Ed. Primaria, dentro do programa de Meteoescolas, e titulado "Meteoarte", foi valorado polo xurado composto por membros da Consellería de Educación e de MeteoGalicia cunha calificación de "Programa de Excelencia".

Todos as actividades realizadas están reflectidas no blog "Meteosueiro" que manteñen os membros do equipo de metereoloxía.

Os nosos parabéns para todos e todas os compoñentes do Equipo de metereoloxía:

Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro"

O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”.

Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre.

Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4.

Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud.

Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos: