Xaneiro 2017

O cociñeiro Martiño

O 27 de xaneiro visitounos o cociñeiro Martiño (Iago López) para contarnos historias da cociña do palacio real. Nel, andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa...

...os alumnos e alumnas do noso cole axudaron ao cociñeiro Martiño a buscar os ingredientes para preparar ese gran biscoito...

...ao final, conseguírono!!

Celebración do Día da Paz 2017

O Día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e non Violencia no centro.

Este ano, como é o aniversario do nacemento de Gloria Fuertes, traballamos a Paz a través da súa poesía.

Durante os os días previos a esta data, cada clase preparou un dos seus poemas, relacionados coa Paz, para ser recitado, na biblioteca do centro, o Día 30 de xaneiro.

O resultado deste traballo de poesía que da reflictido no seguinte vídeo:

Galería de imaxes da celebración:

 

O alumnado de 6º curso visionou a curtametraxe "O soldadiño de latón".

Na seguinte ligazón está o material para traballar o aniversario do nacemento de Gloria Fuertes.

Soldadiños de latón (TINPLATE SOLDIERS)

Os nen@s de 6º EP seguimos ás voltas sobre a terrible situación que continúan a vivir todos os refuxiados. Se o curso pasado reflexionamos sobre o tema a través do conto “La pequeña Carlota”, facilitado por ACNUR, este curso, acompañamos a todos eles na súa penosa viaxe grazas á curtametraxe “Soldaditos de latón”.

Pertencemos á rede do proxecto “Aulacorto” promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e que intenta achegar aos nen@s ao mundo da curtametraxe. Permítenos mediante o cinema, achegarnos á realidade que, por desgracia, seguen a sofrir milleiros de persoas.

Pero, como os nen@s da curta, sorriamos ante un futuro incerto aínda que cheo de esperanza.

Cancodrilo na horta

O 26 de xaneiro, na sala de usos múltiples do noso cole, tivemos o privilexio de contar coa presenza da contacontos ourensá Sabela que encandilou ao alumnado coa posta en escena de dous contos da colección "Cancodrilo" de Xabier López e ilustrados por Javier Rey e Silvia González.

Coas aventuras de "Cancodrilo", metade home e metade crocodilo, na horta e pintando, traballamos  valores, coma o respecto e a amizade, engatusados polos poderes máxicos de Sabela.

Sobra dicir que o pasamos xenial, como ben reflicten as imaxes da Galería.

 

Celebración Día da Paz 2017

O proximo día 30 de xaneiro celebraremos o Día da Paz. Este ano adicarémosllo a Gloria Fuertes, por ser o centenario do seu nacemento.

Na seguinte presentación podedes ver unha presentación da súa biografía.

 

O luns faremos un recital de poemas de Gloria Fuertes, non faltando entre eles "Sólo tres letras"

 

Saímos na Revista EDUGA deste trimestre (Nº 72)

Parte do traballo desenvolvido na Hora de ler deste curso, no noso cole, sae reflectido na prestixiosa Revista Galega de Educación deste trimestre (Nº 72) que edita a Consellería de Cultura, Educación e OU, cunha nova titulada "Iniciándonos nun PDI por medio de webquest". Dito artigo podémolo atopar no apartado de Innovación educativa.

Moitos parabéns para todos os participantes!!

 

Premio á excelencia do Proxecto meteoescolas

O traballo realizado ao longo do curso 2015/2016 en torno á nosa estación meteorolóxica foi premiado cun Diploma á excelencia polos reponsables da súa valoración na Consellería de Educación. 
 
Parabéns para todo o equipo de meteorólogos do Sueiro!!!

 

O traballo que realiza o equipo de meteoroloxía do colexio pódese seguir no seu blog.