Abril 2017

Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

O meu libro favorito é...

O alumnado de apoio, na Hora de ler, durante a semana do Día do libro, completou o mural da Primavera con bolboretas que dan a coñecer cales son os seus libros favoritos...

 Galería de imaxes

Empregando códigos QR

O alumnado de 4º Ed. Primaria traballou na Hora de Ler con códigos QR:

Ampliar 

Pescudando con códigos QR.

Ampliar 

Exemplos de QR:

Exposición filatélica: "Coñecemos a Ópera"

O alumnado de 3º de Ed. Primaria realizou, ao longo deste curso, un obradoiro de filatelia en relación ao proxecto documental integrado que están a desenvolver "Coñecemos a ópera", como xa fixeran o ano pasado co "Camiño de Inverno a Santiago".

O traballo realizado consta de 16 láminas, baixo o título de "Opera", nas que reflicten como esta arte está presente na filatelia española e mundial. Esta compilación de selos representará ao noso colexio na Exposición Nacional de Filatelia Juvenil "JUVENIA", que este ano se celebrará na cidade asturiana de Avilés durante o mes de maio.

Parabéns polo traballo.

 

Happy Easter!

Os máis peques do cole celebraron a chegada de Easter Bunny personalizando as seus Little Bunnies e, como non, comendo CHOCOLATE EGGS.

Na Hora de Ler o alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou unha lectura sobre a orixe da celebración en España das Monas de Pascua.

Pescudando sobre Leonardo da Vinci

O alumnado de 6º de Ed.Infantil estivo pescudando, ao longo deste curso, sobre a vida e obra de Leonardo da Vinci para contribuir ao traballo desenvolvido no PDI "O Sueiro, onde a lectura é arte".

O "Home de Vitruvio" e a "Mona Lisa" foron as obras nas que centraron maior esforzo, e foron quen de trasladar a súa clase en máis de 500 anos no tempo.

Foi un traballo moi motivador para todo o alumnado. Cando empezamos pareceunos un pouco serio o traballo, pero a medida que avanzamos vimos que cada vez o alumnado se sentía máis motivado. O que máis lles gustou foi facer o cadro de Mona Lisa, da que aprenderon moito...en que museo está, porque foi pintada, como fora roubada...

Outra cousa que lles chamou a atención é que o Home de Vitruvio aparecese nas moedas de euro italianas. Buscamos en internet distintos euros para poder comparar.

Na galería de imaxes podemos observar parte do traballo realizado...

PARABÉNS!!

GALERÍA DE IMAXES

Acábate la sopa

O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense á representación do conto musicado “Acábate la sopa”, que acerca aos nenos, dunha forma moi imaxinativa, á musica clásica e popular.

É a historia dunha nena, Muriel, que ten que acabar de comer un plato de sopa ao que non lle ten moitas ganas. A través da súa imaxinación, converte a cociña nun lugar máxico no que aparecen músicos, unha bailarina, e instrumentos coma o violín, un piano, un clarinete e un violonchelo..  "nun recital de temas musicais de estilos moi diferentes, que van desde unha melodía medieval de Guillaume de Machaut ata a música minimalista de Steve Reich e Philip Glass, pasando por compositores do século pasado como Shostakóvich e Eisler ou a música de The Beatles. Todos estes compositores parten dos mesmos ingredientes, as sete notas da escala musical, pero cada compositor elabora as melodías e os ritmos o seu xeito, creando a súa propia receita para cociñar as súas melodías".

(Sinopse extraída da páxina web de Educación do Concello de Ourense)

A actividaderesultou ser ynha gran combinación de musica, teatro e danza que espertou o interese e a imaxinación do alumnado.

Siena, riding colours

O alumnado de 1º., 2º e 3º de Ed. primaria está desenvolvendo un PDI centrado na ciudade italiana de Siena.

Unha viaxe polas cores das "contradas" de Il Palio, na cidade de Siena, levounos a coñecer unha parte da arquitectura da Piazza del Campo, coa Torre del Mangia e a Fonte Gaia. Tamén soubemos da historia da súa fundación como cidade da man de Senius. Situámola en Tuscany, Italy, en Europe e a súa relación con Spain e the UK.

O proxecto enmarcado nas seccións bilingües da área de plástica, ampliou as linguas nas que se desenvolve o proxecto, galego, castelán e inglés, para coñecer algunhas palabras de italiano. Deste xeito, foron quen de presentar as súas "contradas", cantar unha canción, Io sono un bambino e recitar un pequeno poema sobre a chuvia, La Pioggia  para conmemorar o día da poesía.

E non podíamos rematar o noso proxecto sen disfrutar dun postre tradicional da Toscana, os Cantuccini.

Foi un traballo cooperativo no que todos os nenos e nenas participaron no proceso de creación, desenvolvemento e interese por mostrar o seu traballo aos demais compañeiros da escola.

Bravo bambini !!!

Siena, riding colours.

La Pioggia.

GALERÍA DE IMAXES