Decembro 2016

Festival de Nadal 2016

O 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas a cuxo equipo directivo e persoal laboral queremos agradecer as atencións que desinteresadamente tiveron connosco.

Tamén é de agradecer a gran afluencia de público que tiveron os nosos alumnos e alumnas así como o seu comportamento ao longo de toda a función. Esperamos que nos perdoaran os posibles erros cometidos no desenvolvemento da mesma.

Nas seguintes ligazón tendes acceso ás diferentes actuacións.

  1. Panxoliña: "O moneco de neve". Ed. Infantil.
  2. Poemas 5º Curso.
  3. Varias panxoliñas e cancións: 3º EP.
  4. Obra de teatro: "Comerei dous". 4º EP.
  5. "Mi burrito Sabanero": 1º e 2º de EP.
  6. "O baile da carrasquiña": 1º e 2º de EP.
  7. Obra teatro: "El milagro del amor". Alumnado de 4º e 6º de EP.
  8. Panxoliña final. 6º, 4º e 3º de EP.

 

Ver a galería de imaxes do Festival de Nadal

Exposición filatélica en Monforte

O traballo filatélico realizado polo alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso cole está exposto no edificio de correos de Monforte de Lemos para fomentar e dar a coñecer a oficialidade do Camiño de Inverno a Santiago.

Asemade, en dita actividade presentouse a tarxeta prefranqueada e o mataselos que se editaron para conmemorar dita oficialidade.

Moitos parabéns polo traballo realizado!!

 

Concerto de Nadal: "Estación Nadal"

Estación NadalA Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que  levando a cabo un concerto que ten por nome  "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra".

As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal.

É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.

Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal?

Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas…

Pasámolo xenial!!!

Concerto M

Diploma pola colección filatélica: "O Camiño de Inverno"

 

O alumnado de 3º de Ed. Primaria recibiu un Diploma de participación na XXVI Exposición San Martiño, pola súa colección filatélica sobre o "Camiño de Inverno" a Santiago.

MOITOS PARABÉNS!!

 

 

Dedicatoria de Fran Alonso

O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos".

O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.

 


Nova na páxina de Edicións xerais


 

A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso.