Outubro 2017

Exposición de calacús

Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.

Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.

Parabéns para todos os participantes!!

PREMIADOS

Novos lectores na biblioteca

O día das bibliotecas escolares fixemos entrega dos carnés aos novos socios da nosa biblioteca. Agora poderán levar os fondos da biblioteca que temos en empréstito para a súa casa.

Co carné, fixémoslle entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro.

Día da biblioteca 2017

Este ano no Día das bibliotecas, 24 de outubro, cada curso presentou ante os seus compañeiros o traballo que van  a desenvolver ao longo do curso dentro do PDI "Cada latexo... un pensamento" co que pretendemos aprender a pensar desde a biblioteca escolar en sintonía coa temática proposta desde a Asesoría de bibliotecas.

Os proxectos presentados foron os seguintes:

Presentación do PDI.
Trailler do PDI.
Mito de "Dédalo e Ícaro".

Talk once.
Listen twice.
Think many, many times.
And...

...BREATHE!

Galería de imaxes

 

Irma Ruth del Ángel visita a nosa biblioteca

O 6 de outubro tivemos o privilexio de contar na biblioteca do noso centro coa poetisa Irma Ruth del Ángel grazas á colaboración que ano tras ano nos ofrece o Círculo poético ourensán.Ao longo da semana o alumnado realizou diferentes traballos de documentación nas súas aulas sobre Irma Ruth e o seu pobo de orixe: San Luís de Potosí.

Acollemos a Irma amosándolle todos os traballos que realizaramos cos nosos mestres. O acto estivo presidido por un dos animaliños que máis lle gustan á escritora: "Os gatos". Contounos que ese cariño cara os micos, venlle de cando era moi pequena xa que o seu pai lle regalara un co que xogaba a todas horas. Na actualidade ten dous gatos. Na Asociación Libre San Luís de Potosí, que ela preside, dedícanse a coidar e recoller os gatos da rúa e a dalos en adopción a outras familias.

Tamén nos falou do traballo que realizan na fundación de rehabilitación de adictos que ela creou fai anos. Emprega a poesía para traballar con estas persoas e así animalos a retomar os seus estudos.

Ademais de escribir, quédalle tempo para dar clases en diferentes universidades, nunha delas ensina criminalística e balística aos futuros policías.

Sacounos de dúbidas sobre a Cova das Andoriñas, xa que nos dixo que os paxaros que alí habitan son morcegos que de día se pegan ás paredes da gruta e de noite saen pola súa boca de entrada.

Por último, descubrimos que un dos pratos típicos de San Luís de Potosí é a "enchilada de frijoles con aguacate".

Irma é unha persoa polifacética. Unha actividade coa que ela desfruta moito é contando contos. A nós deleitounos cunha fermosa historia mexicana que nos ensina o "Por que os coellos teñen as orellas tan longas?". Pasámolo xenial escoitándoa e véndoa en acción.

Desde aquí queremos dar as grazas a Irma e aos membros do Círculo Poético por este encontro na nosa biblioteca.

Irma Ruth del Ángel

Nace en San Luis Potosí, México o 26 de abril de 1966.

Ten unha ampla formación Académica: Licenciada en Español e en Economía.  Especializada en Avaliación de Proxectos de Inversión, Turísticos e Gobernamentais. Especialización en Orientación Educativa. Mestría en Educación, campo: Formación de Docentes e Práctica profesional. Mestría en Economía Social, Mestría en Criminalística. Doutora en Literatura e Linguaxe. Catedrática de diferentes universidades e institucións de Educación Superior.

Articulista en diferentes revistas e xornais nacionais.

Fundadora e Presidenta da Asociación LIBRE SAN LUIS.

Impartiu conferencias en diferentes institucións educativas a nivel Local, Nacional e Internacional. Entre os países destacan: España, Italia, Francia y Suíza.

Participante en diferentes encontros nacionais e internacionais de escritores.

Representante Legal da Colección Haberes e Saberes. Edicións educativas da Universidade Pedagóxica Nacional, Unidade 241.

Foi galardonada no ano 2010 coa estatuiña “La Orensana”, recoñecemento outorgado á súa obra poética pola cidade Ourense.

Creadora do proxecto social: ‘Rehabilitándonos en el contexto’ desde 1982 á actualidade en rehabilitación a xóvenes que son adictos. Presidenta do Consello Consultivo e Social do Instituto das Mulleres do Estado de San Luis Potosí período 2009-2012. Así mesmo, é fundadora e presidenta da Asociación Libre San Luis.

Contacontos rexistrada no Centro das Artes Centenario de San Luis Potosí.


LIBROS PUBLICADOS:


  1. Viene la muerte cantando, 1999
  2. Breves poemas de amor, para un funeral en vida, 2000
  3. Esencias Humanas, 2003
  4. De Cuentos, Poemas y algo más, como Coeditora, 2006.
  5. Reminiscencias, 2006.
  6. Palabras…de Mujer. 2007
  7. Voces de muerte sonaron. 2008
  8. Entorno Sociopolítico y Económico de México. En coautoría con el Dr. Agustín Ramírez García. Edit. Ediciones Ramírez. México, 2008.
  9. Reminiscencias, segunda edición, corregida y aumentada. 2009
  10. Palabras Potosinas. La escritura en camino, como coeditora. 2010
  11. Principios de Geopolítica y estudios de la economía mundial. En coautoría con el Dr. Agustín Ramírez García. Edit. Ediciones Ramírez. México, 2009.
  12. Casi de cuento: Del brazo, por la calle, por el barrio, por el mundo. En coautoría con el dramaturgo Jorge Alberto Quiroga Malo. 2010.
  13. Los silencios de Frida. Editorial el Taller del Poeta. Pontevedra, España, 2011.
  14. Rostros emergiendo de la tierra, como coeditora. México, 2010.
  15. San Luis Potosí y Ourense cantan a la niñez. Como enlace cultural entre México y España. Edit. El Taller del Poeta, Pontevedra, España. 2010.
  16. Tríada. En coautoría con la poeta potosina Teresa de la Fuente y el poeta cubano Ángel Collado. Edit. El Taller del Poeta, Pontevedra, España. 2011
  17. Toda-Vía. Libro artesanal elaborado en papel hecho a mano. Presentado en España.  2012
  18. Tras-Pasos. Libro ganador con mención Honorífica en la Edición 61 de los Premios 20 de Noviembre, emisión 2012.
  19. He sido acusada: Por el placer de recordar. Edit. Haberes y Saberes. México. 2014
  20. Buscando a Dios en tiempo de elecciones. Editorial Torbellino. México. 2015.
  21. Poerelatos de una ciudadana y un poema suelto. Editado por el Sindicato Nacional de Trabajadores de la Educación Octubre, 2016.
  22. Los arqueos del gato. En proceso de edición


A súa obra foi traducida ao  inglés, portugués, italiano, galego, chino cantonés e integrada en varias antoloxías. Asemade foi comentada en diferentes revistas e periódicos nacionais e internacionais.


RECURSOS