Presentación de obradoiros
Enviado por Vicedirec. o 22 Novembro, 2018 - 14:22Onte tivo lugar a presentación dos diferentes obradoiros que este ano se realizarán no MGB e en cinco centros máis da Estrada. Serán impartidos nas horas de titoría por profesionais da asociación Acrofam en colaboración co concello.
Máis información no Faro de Vigo ou na Voz de Galicia.
A violencia de xénero na rede
Enviado por BiblioMGB o 19 Novembro, 2018 - 19:07Son moitos os recursos que podemos atopar na rede sobre a violencia de xénero. Dende a MeGaBiblioteca seleccionamos os seguintes:
- Material para traballar nas titorías de 1º e 2º de ESO (Blog de Carmen Diéguez)
- Materiais para utilizar nas aulas de 3º e 4º da ESO e Bacharelato. (Blog de Carmen Diéguez)
- Web da MeGaBiblioteca (todos os niveis)
- Vídeo realizado en Vedra pola asociación Berenguela
Magosto 2018
Enviado por Vicedirec. o 16 Novembro, 2018 - 22:01Hoxe celebramos o Magosto no MGB: comimos castañas, participamos nas Magostolimpíadas e desfrutamos da música en vivo. Nesta ligazón podedes atopar todas as fotos da festa.
Visita á Biblioteca América
Enviado por Vicedirec. o 9 Novembro, 2018 - 09:00O pasado xoves 8 de novembro, os alumnos de latín de 2BAC do MGB estiveron visitando as dependencias da Biblioteca América da USC no Pazo de Fonseca, onde puideron admirar a edición facsímil do Libro de Horas de Fernando I de León, un códice de 1055, anterior ao códice Calixtino.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2018 - 21:34O día 6 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, as bibliotecas, as dependencias dos grupos parlamentarios, patios interiores e o Hemiciclo, onde os alumnos puideron presenciar unha sesión plenaria.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Sonia Iglesias.
Visita ás Fragas do Eume
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2018 - 12:49Os días 25 e 26 de outubro o noso alumnado de 1º ESO viaxou ás Fragas do Eume onde realizaron numerosas actividades físicas en contacto coa natureza. Estiveron acompañad@s polas profesoras Loly Castro e Norma Pillado.
Podedes ver tódalas fotos nesta ligazón.
O vindeiro 2 de novembro non haberá clases no MGB
Enviado por admin o 30 Outubro, 2018 - 17:16Lembrade que o día 2 de novembro non haberá clases no noso instituto ao ser autorizado como non lectivo polas autoridades educativas.
Triunfo de Mehdi El Nabaoui
Enviado por Vicedirec. o 29 Outubro, 2018 - 10:43O noso alumno de 3º PMAR Mehdi El Nabaoui vén de gañar por terceiro ano consecutivo a Carreira Pedestre de Santiago na categoría sub 18.
Parabéns!
Máis información nesta ligazón.
Entrega de diplomas aos axudantes de Biblioteca
Enviado por BiblioMGB o 24 Outubro, 2018 - 10:18Hoxe mércores 24 de outubro, tivo lugar na MeGaBiblioteca a entrega de diplomas aos axudantes de cursos anteriores e do curso actual. A entrega foi realizada por Pilar Sampedro.
Mércores 24 de outubro, día da biblioteca escolar
Enviado por BiblioMGB o 22 Outubro, 2018 - 08:56Este mércores, 24 de outubro, é o Día da Biblioteca Escolar. Haberá 2 eventos nos recreos: no primeiro recreo, a entrega de diplomas (a cargo de Pilar Sampedro) aos ex axudantes da biblioteca, e a entrega das identificacións, horario e libreta, para os novos.
No 2º recreo, coa axuda de Pepe, intentaremos cumprir ao pé da letra o lema "Enróscate na lectura". Estades todos invitados!
Exposición sobre Especies Invasoras
Enviado por Vicedirec. o 12 Outubro, 2018 - 23:16Do 8 ao 19 de outubro teremos no noso centro a exposición "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Trátase dunha iniciativa da asociación ecoloxista ADEGA que nos presenta a realidade das especies invasoras de flora e fauna que existen en Galicia e a problemática asociada ás mesmas.
Máis información nesta ligazón.
Asemblea xeral ordinaria da ANPA o vindeiro 16 de outubro
Enviado por admin o 10 Outubro, 2018 - 10:48A ANPA do centro celebrará unha asemblea xeral ordinaria o vindeiro 16 de outubro.
Hora de ler, luns 8 de outubro a 1ª hora
Enviado por BiblioMGB o 8 Outubro, 2018 - 08:42Este luns 8 de outubro ás 8:45 h., comeza Hora de Ler. Nas aulas da ESO, alumnos e profesores disfrutarán dos primeiros vinte minutos de lectura silenciosa. Podes ler o que traias da casa ou escoller da caixa que tes na túa aula.
Recorda que a próxima semana terás outros 20 minutos. Consulta o calendario, porque sempre cambia.
Reunión excursión Andorra 2019
Enviado por Vicedirec. o 5 Outubro, 2018 - 12:15O vindeiro martes 9 de outubro no 2º recreo terá lugar na sala de Usos Múltiples do centro unha reunión para o alumnado de Bacharelato interesado en participar na actividade de esquí en Andorra. Podes consultar dende esta páxina toda a información sobre a mesma.
Apertura da Biblioteca, venres 5 de outubro
Enviado por BiblioMGB o 1 Outubro, 2018 - 09:08O vindeiro venres 5 de outubro a MeGaBiblioteca abrirá o seu servizo de préstamo para o curso 2018/19.
En breve informaremos das novidades editorias e outras de interese para este novo curso.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »
