Libros de texto

Entrega de libros da ANPA, martes 17 de setembro

A ANPA entregará os libros de Bacharelato o vindeiro martes 17 de setembro durante os dous recreos e pola tarde de 16:15 a 17:30 h na aula polivalente na planta baixa (o curso pasado atención a familias)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

Na seguinte ligazón pódense consultar os libros de texto do curso 2024/2025.

IMPORTANTE: Recomendámoslle ás familias  (sexan beneficiarias ou non do Fondo Libros ou do préstamo da ANPA)  que agarden aos primeiros días de clase para mercar os libros do curso 24/25, ata coñecer o profesorado que impartirá as materias o cal lle indicará se empregarán o libro ou non.  

LISTAXE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2024/2025

Adxudicación definitiva Fondo Solidario de Libros de Texto e material escolar 2024/25

A listaxe definitiva de adxudicación do Fondo solidario de Libros de Texto e de Axudas para material escolar está publicada no taboleiro do centro.

A entrega dos libros de texto adxudicados farase en setembro, despois de que comenzen as clases, e publicaranse nesta páxina as instrucións correspondentes para a súa recollida.

A entrega dos vales de material sen recoller farase na oficina do centro a partir do 1 de setembro.

Devolución libros Fondos Solidario da ESO

Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2023-2024 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 25 de xuño de 2024.

LUGAR: Laboratorio de Química (situado na primeira pranta en fronte á aula de 2º ESO A)

DATAS E HORARIOS:

  • Día 21 de xuño de 9:45h a 12:15h (o alumnado que non esté participando nas actividades programadas e se o profesorado co que teña clase llo permite)
  • Día 25 de xuño de 9:30h a 13:30h.

Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.

Devolución libros ANPA - Bacharelato

O alumnnado beneficiario do préstamos de libros da ANPA o curso 2023-2024, agás aquel que se presente á convocatoria de xullo das ABAU, debe devolver todos os libros.

Para a recollida dos exemplares estarán no centro representantes da ANPA o día fixado para a matrícula de 2º de Bacharelato (a data publicarase na web nos próximos días).

Recordamos que a devolución dos libros é un requisito para poder beneficiarse do préstamo o vindeiro curso.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2024/2025

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2024-2025.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación.

Para máis información máis destallada no documento de información ás familias.

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 10 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes 16 de xullo.

A entrega de vales e libros realizarase en setembro. Coa listaxe definitiva publicaranse as indicacións.

Libros de Texto - Curso 2023/2024

Na seguinte ligazón poden consultar as listaxes dos libros de texto para o vindiero curso 2023-2024.

IMPORTANTE: Aquelas familias que non sexan beneficiarias do Fondo Libro ou do préstamo da ANPA recomendamos que agarden aos primeiros días de clase, ata coñecer ao profesorado que impartará as materias - que lles indicarán que se empregarán ou non libro -, para mercalos.

Devolución libros Fondos Solidario da ESO

Todo o alumnado beneficiario do Fondo Solidario de Libros o curso 2022-2023 debe devolver todos os libros que teñen en préstamo antes do 23 de xuño de 2023.

LUGAR: Laboratorio de Química (situado na primeira pranta en fronte á aula de 2º ESO A)

DATAS E HORARIOS: Días 22 e 23 de xuño de 10:30h a 13:00h.

Recordamos que a devolución destes libros é un requisito para poder ser beneficiario do Fondo Solidario o próximo curso.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2023/2024

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2023-2024.

O prazo de solicitude será do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro nin manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación.

Para máis información máis destallada no documento de información ás familias.

Adxudicación de Axudas de Material e listaxe provisional de Fondo Solidario de Libros, está dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 11 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o martes 18 de xullo.

A entrega de vales e libros realizarase en setembro. Coa listaxe definitiva publicaranse as indicacións.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar - Curso 2022/2023

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO no curso 2022-2023.

O prazo de solicitude será do 19 de maio ao 22 de xuño (ambos inclusive).

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)
  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala no rexistro do centro xunto coa documentación requirida .
  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala no centro xunto co resto da documentación xustificativa.

Para máis información consultar carta informativa ás familias

A adxudicación de Axudas de Material e a listaxe provisional do Fondo Solidario de Libros, estárá dispoñible no taboleiro interior do centro a partir do 8 de xullo. Publicaremos aviso na web.

A listaxe definitiva de asignación do Fondo Solidario de Libros publicarase o venres 15 de xullo.

A entrega de libros realizarase en setembro. Publicaranse as indicacións oa inicio de curso.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO - CURSO 2022/2023

Adxudicación provisional do Fondo Libros

A adxudicación provisional do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Prazo para a presentación de reclamacións contra a adxudicación provisional: 12 e 13 de xullo.

Só os pais/nais ou titores/as do alumnado beneficiario dos vales de material, que aprobou todo en xuño e xa está matriculado, poden recoller os vales entre os días 14 e 21 de xullo (ambos incluídos) en horario de 10h a 13h.

Fondo Libros e Axudas Material Escolar curso 2021-2022

A Consellería publicou a Orde pola que se regulan as solicitudes para o Fondo de Libros e as Axudas de Material Escolar para o alumnado da ESO.

O prazo de solicitude será do 21 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos).

Para poder cumplir coas normas de distanciamento social e garantir a seguridade das familias e do persoal do centro, a atención será mediante solicitude de cita previa no teléfono 986590104:

As solicitudes pódese presentar da seguinte forma:

  • Realizar o trámite intregramente a través da sede electrónica da xunta (www.sede.xunta.gal - Procedemento ED330B). Opción recomendable para non ter que desprazarse ao centro ni manipular documentación. Nesta opción é necesario identificarse con algún dos mecanismos admitidos pola sede electrónica (DNI electrónico, certificado dixital, Chave365)

  • Cubrir a solicitude a través da aplicación FondoLibros e presentala na Secretaría do centro xunto coa documentación requirida.

  • Imprimir a solicitude nesta ligazón, cubrila e presentala na Secretaría do centro xunto co resto da documentación requirida.

(Aconsellamos traer todo cuberto e preparado para axilizar os trámites e que poidan permanecer no centro o menor tempo posible)

Para máis información:

Reparto de libros do Fondo Solidario para a ESO

O reparto de libros do Fondo Solidario de Libros da ESO realizarase nas seguintes datas e horarios:

Grupo XOVES 24 DE SETEMBRO
1º ESO A 9:45h - 10:15h
1º ESO B 10:15h - 10:45h
1º ESO C 10:45h - 11:15h
2º ESO A 11:30h - 12:00h
2º ESO B 12:00h - 12:30h
2º ESO C 12:30h - 13:00h
Grupo VENRES 25 DE SETEMBRO
3º ESO A 9:45h - 10:15h
3º ESO B 10:15h - 10:45h
3º ESO C 10:45h - 11:15h
4º ESO A 11:30h - 12:00h
4º ESO B 12:00h - 12:30h
4º ESO C 12:30h - 13:00h


O alumnado, dentro da franxa horaria asignada, deberá traer o documento coa adxudicación que se lle entregará durante as presentacións asinado polo seu pai, a súa nai ou titor legal, ir á conserxería onde lle farán unha copia do mesmos e lles indicarán a onde dirixirse.

Reparto de libros para Bacharelato da ANPA

O reparto de libros do fondo da ANPA para o alumnado de Bacharelato realizarase o próximo venres, 25 de setembro, no Laboratorio de Física (1º andar), despois da presentación do seu grupo.

Adxudicación definitiva - Fondo Solidario de Libros

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro (tal e como se recolle no artigo 13 bis da Orde).

Recordamos que as persoas solicitantes poderán consultar por vía electrónica o seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

O reparto de libros se realizará a finais da próxima semana. A información detallada de cómo se realizará será publicada nesta web o venres, 17 de setembro, xunto con toda a información relativa ao inicio do curso.

Distribuir contido