VISITA DO IES Nº 1 AO MGB.

Mañá venres, 14 de marzo, alumnos/as de 4º da ESO do instituto estradense IES Nº1 acompañados dos seus profesores/as visitarán o noso centro, para coñecer as instalacións e as distintas modalidades de bacharelato que se imparten. Os alumnos/as serán recibidos pola Xefa de Estudos que lle facilitará a información que precisen. Logo realizarán un percorrido polo instituto. A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.