Dives Gallaecia: 1º Premio de innovación educativa

O Proxecto sobre a romanización de Galicia, Dives Gallaecia, foi galardoado co 1º premio na convocatoria dos Premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso 2012-2013, convocados pola Consellería de Educación, na súa modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos. O premio ten unha cuantía de 3.000 euros. O traballo, coordinado polo profesor Álvaro P. Vilariño, contou coa participación dos profesores Marisa Otero e Miguel Bugallo e de varias promocións de alumnos de Latín e grego do MGB.

Como explica na súa web, Dives Gallaecia é...

  • Unha base de datos de material audiovisual, con vídeos en alta definición e imaxes de alta calidade con licenzas CC (17 vídeos e case 700 imaxes)
  • Unha forma de colaboración coa Galipedia e Wikimedia Commons
  • Un xeito de descubrir, hic et nunc, en que medida aínda somos romanos.
  • Unha visita virtual aos xacementos arqueolóxicos e museos máis importantes de Galicia.
  • Unha reflexión sobre a conquista militar romana, a explotación dos recursos, a organización administrativa, as vías de
  • comunicación.
  • Un punto de encontro para compartir con outros profesores documentación e actividades deseñadas para a plataforma Moodle.

Mañá, ás 10:30 horas, o equipo premiado dara unha rolda de prensa aos medios. Hoxe aparece a nova no Faro de Vigo.

Este é o seu vídeo de presentación: