DEPORTE ESCOLAR - CAMPO A TRAVÉS

Este mércores 30 de xaneiro un total de 40 alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO do MGB participaron na fase local do Campo a Través dentro das competicións deportivas do Deporte en Idade Escolar. Xornada de chuvia e vento que non mermou as gañas de correr e competir dos centos de participantes que se xuntaron no circuito preparado para a ocasión no concello de Portas.

Boa actuación xeral dos nosos deportistas, na que podemos destacar o 1º posto acadado por Ana Carbón na proba infantil feminina, o 3º posto de Marta Sanmartín na mesma categoría, o 3º posto de Luis Brea na categoría infantil masculina e o 2º posto de Antía Paz na categoría cadete feminina. Salientar tamén o 4º posto de Manuel Vilar na categoría cadete masculina.

Sen embargo, non queremos quedarnos so cos postos honra, todos os participantes gañaron a súa proba, esa que supón superar un reto persoal, acadar a meta con esforzo e certas doses de sufrimento, intentar superarnos a nos mesmos e os rivais directos con deportividade... noraboa a todos e animádevos a seguir correndo.