Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivo

Información renovación Consello Escolar 2014

Inmersos no proceso de renovación do Consello Escolar do IES Laxeiro, a Xunta Electoral ven de proclamar os candidatos por sectores, formar as mesas electorais do sector de alumando e pis/nais e elaborar as papeletas de votación, así como refrendar os censos definitivos.

Toda a información do proceso nos seguintes arquivos:

1º.- Información e candidaturas alumnado

2º.- Información e candidaturas profesorado

3º.- Información e candidaturas pais/nais

Calendario renovación parcial Consello Escolar

Tras a reunión de constitución da Xunta Electoral e celebrada a 1ª reunión, aprobouse o calendario de renovación do Consello Escolar do IES Laxeiro que vai ter lugar durante o mes de novembro.

Calendario de renovación

Renovación parcial Consello Escolar 2014

Durante o mes de novembro vai ter lugar a renovación parcial do Consello Escolar do IES.Laxeiro de Lalín. A resolución do 19 de setembro de 2014 é a normativa que guiará este proceso do que o primeiro paso será a constitución dunha Xunta Electoral no centro que será a que marque o calendario da renovación que terminará coa constitución do novo Consello aló polo mes de decembro. Nos arquivos adxuntos explícanse o proceso de constitución da Xunta e as prazas a renovar nesta ocasión, así como unha información para os pais e nais do alumnado do centro.

Desde a Dirección do IES.Laxeiro queremos e desexamos animar ao profesorado, aos /ás pais e nais e a todo alumnado a que participen neste proceso de renovación , dada a importancia que ten o Consello Escolar na vida do centro.

Desde esta páxina web iremos informando de todo o proceso para que todos/as sexan informados/as do desenvolvemento das correspondentes proclamacións de candidaturas e diferentes eleccións de cada un dos sectores representativos deste órgano colexiado.

1º Renovación parcial consello escolar 14 - 1º.pdf

2º Circular pais renovación consello escolar 2014.pdf

Admisión Ciclos Medios e Superiores para o curso 2014 -2015

Desde o 17 de xuño ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de admisión para ciclos medios e superiores  curso 2014 - 2015. Nos arquivos adxuntos podedes coñecer toda a información pertinente.

Calendario de proceso de admisión e matriculación

Oferta educativa do IES Laxeiro curso 2014-2015

Oferta actualizada da Consellería para o vindeiro curso

Lexislación que regula o proceso

Impresos de solicitude

1º ano Ciclo Medio

1º ano Ciclo Superior

2º ano Ciclo Medio

2º ano Ciclo Superior

Anexo Ciclos Medios

Solicitude Web

Para máis información visitar a páxina web  www.edu.xunta.es/fp

 

 

Relación de Libros de texto para o curso 14-15 no IES.laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 14-15. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros.

- Relación de libros de texto ESO

- Relación de libros de texto Bacharelato

- Relación de libros de texto Ciclos

- Relación de libros de texto Adultos

Axudas para a adquisición de libros de texto curso 2014-2015

O DOG do 30 de maio de 2014 ven de publicar a Orde do 28 de maio pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15. Presenta dúas novidades importantes con respeto ao ano pasado:

1º.- A finalidade das axudas é exclusivamente  para libros de texto, non para material didáctico nin complementario.

2º.-A obrigatoriedade de conservar en bo estado os libros de texto, para incorporalos, ao remate do curso, a un fondo solidario que se constituirá no centro

Nos seguintes arquivos podedes consultar toda a información relativa a este programa:

 

Resolución definitiva de admisión de alumnado curso 2014-2015 do IES Laxeiro

Tras o informe favorable do Consello Escolar en reunión celebrada hoxe , día 8 de maio, publícase a resolución definitiva de admitidos para o curso 2014-2015 no IES Laxeiro. Diante esta resolución, cabe interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. Nos arquivos adxuntos pódese atopar toda a información que tamén estará exposta no taboleiro do centro ata os inicios do curso 14-15.

- Admisión definitiva

- Listados XADE

- Período de reclamación

Resolución provisional de admisión de alumnado curso 2014-2015 no IES.Laxeiro

Publicada a resolución provisional de amitidos para o curso 2014-2015 no IES.Laxeiro. O periodo de reclamacións estará aberto ata o día 29 de abril de acordo coa lexislación actual.  Nos arquivos adxuntos tendes toda a información de interese.

- Listados coa baremación onde foi necesaria

- Admisión provisional

- Período de reclamacións

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2014

Comunicamos que no DOG nº 47 do día 10 de marzo de 2014 aparece a Orde do 5 de marzo  pola que se convocan as probas de acceso á Ciclos Medios e Superiores correspondentes ao ano 2014.

 

Lugar e instruccións da proba de acceso a Ciclos Superiore

Calendario das Probas

Solictude de inscripción para Ciclo Medio

Solicitude de inscripción para Ciclo Superior

Distribuir contido