Organigrama, Consello escolar, P.A.S., Equipo directivo

PLAN DE CONVIVENCIA DO CENTRO: PRIMEIROS PASOS PARA A MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

Este mércores pasado, 25 de maio,contamos coas compañeiras Kety e Begoña do IES Xulián Magariños de Negreira, que se encargan da coordinación de mediación e da orientación neste centro.


Compartiron a súa experiencia tanto na posta en marcha da mediación como na formación, difusión e continuidade do seu proxecto, no que se prima a mellora da convivencia, a autonomía e mellora das competencias sociais do alumnado participante e o fomento do diálogo na resolución de conflitos.

Foi unha pequena introdución para os interesados/as que acudimos: do IES  Laxeiro, do IES Aller, do IES Colmeiro…

Graciñas a Kety, Begoña e aos asistentes.

 

 

Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2019-2020

Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 19-20:

a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO

b) Axudas para adquirir material escolar.

ATENCIÖN.- Para os cursos 1º e 2º no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL.

A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro e deberá presentarse en soporte papel (Anexo I e II da Orde)

O prazo para a súa presentación remata o 21 de xuño de 2019

Devolución do libros de texto 2018-2019

O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario será o 21 de xuño de 2019

O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 6 de setembro

A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso.

A entrega dos libros do Fondo Solidario será a partires do 16 de setembro cando estean publicadas as listas definitivas de adxudicación.

Para máis información consultar no Portal da Xunta , na secretaría do centro e nos seguintes arquiv

1.- Impreso de solicitude

2.- Documento explicativo

3.- Orde de convocatoria

4.- Devolución 1º -2º -3º e 4º ESO 17-18 ( Consultar listado en secretaría do centro)

 

AVISO:

Desde o 22 de xullo xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 19/20. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h.

Comunícase que a publicación das listaxes definitivas de adquisición de libros de texto para o curso 19/20 en secundaria será o 13 de setembro de 2019 de acordo co artigo 19º da Orde do 3 de maio de 2019(DOG do 20 de maio)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

[01/02/2016] O día 1 de febreiro comeza o plazo para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.

Do 1 ao 15 de febreiro será o prazo para as reservas internas e de centros adscritos e do 1 ao 29 de marzo será o prazo de admisión para o alumnado que desexe cambiar de centro ou ir a un centro non adscrito.

En breve se publicará neste mesmo canle informativo o calendario de todo o proceso de admisión.

Información e documentación:

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Anexo I: Reserva de praza interna (galego)

Anexo II: Formularios de admisión (galego)

 

 

Listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto 2º ESO e 4º ESO

Pódese consultar as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles foron asignados.

O reparto dos libros asignados levarase a cabo na Secretaría do noso centro a partires do día 16 de setembro.

Listaxe definitiva de admitidos.

Comezo do curso 2016 - 2017

DÍAS 5, 6, 7 E 8 DE SETEMBRO DE 2016

  • Día 5, luns, ás 13 h.: entrega de notas de 2º bacharelato

  • Día 7, mércores, ás 10 h.: entrega de notas para o resto dos cursos

  • Días 7 e 8 de setembro: matrícula para ESO e BAC diúrno

XOVES, DÍA 15 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación do alumnado da ESO (2º, 3º e 4º) e bacharelato (1º e 2º) ás 11:30 h.

Haberá bus para vir ao centro (sairá de volta ás 12:30 h.)

  • Presentación do alumnado de bacharelato de adultos ás 19:15 h.

  • Presentación do alumnado de 1º ESO, coa presenza de pais/nais ou titores/as ás 20:30 h.

VENRES, DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2016

  • Clases con horario normal na ESO e bacharelato

  • Clases con horario normal en bacharelato de adultos

  • Presentación do alumnado do Ciclos Formativos ás 9 h.

Clases con horario normal en Ciclos Formativos a partires da 2ª sesión

MARTES, DÍA 20 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación do alumnado do Formación Profesional Básica (1º e 2º)

LUNS E MARTES, DÍAS 26 E 27  DE SETEMBRO DE 2016

  • Festas locais

MÉRCORES, DÍA 28 DE SETEMBRO DE 2016

  • Presentación e clases con horario normal na ESA

Becas para estudos postobrigatorios, bacharelato, ciclos e FP Básica.

Ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar becas de axuda para estudos de bacharelato, ciclos e FP Básica segundo a Resolución do 30 de xullo publicada no BOE con data de 6 de agosto.

A solicitude  deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento no enderezo https://sede.educacion.gob.es/portada.html  no apartado correspondente a «Trámites y Servicios» ou no enderezo electrónico www.mecd.gob.es

No arquivo adxunto, os interesados poden obter toda a información para a súa solicitude

Resolución do 30 de xullo  por la que se convocan becas de carácter xeral para o curso académico 2015-2016, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.

 

Calendario de exames de setembro 2015 no IES Laxeiro de Lalín

Publícase o calendario de exames de setembro correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2014-2015 no IES Laxeiro.

- Calendario da ESO

- Calendario de Bacharelato

 

Relación de Libros de texto para o curso 15-16 no IES.laxeiro

Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 15-16. Calquera dúbida consulten na secretaria do centro. Nesta mesma páxina web poden atopar todo o referente á axuda de libros.

- Relación de libros de texto ESO

- Relación de libros de texto Bacharelato

- Relación de libros de texto Ciclos

Queda pendente para setembro a selección de libros de texto dos cursos 1º ESO, 3º ESO e 1º Bacharelato, tal como se acordou na Comisión Pedagóxica do centro.

Programas de axudas de Libros de Texto para o curso 2015-2016

A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:

  1. axudas para a adquisición de libros de texto( 1º e 3º ESO)
  2. fondo solidario (2º e 4º ESO)

Prazos de presentación de solicitudes:

Adquisición de Libros de Texto para 1º e 3º ESO: 25 de xuño a 27 de xullo e 2 de setembro a 2 de outubro

Fondo Solidario para 2º e 4º ESO : 2 de xuño a 30 de xuño

Importante para poder participar nestes programas é cumprir coa obriga de devolver os libros de texto do programa 2014-15.

As datas de devolución serán as seguintes:

Materias aprobadas en xuño: ata o 19 de xuño

Materias aprobadas en setembro: ata o 4 de setembro

Toda a información relativa a estes procesos podedes consultala nos seguintes arquivos:

 

a) Orde do 21 de maio sobre o fondo solidario

b) Orde do 22 de maio sobre adquisición de Libros de texto

c) Instruccións de ámbolos dous procesos

d) Nota informativa

e) Solicitude de Fondo Solidario para 2º e 4º ESO

f) Solicitude de adquisición Libros de Texto para 1º e 3º ESO

 

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2015

Segundo ao Orde do 17 de febreiro de 2015,DOG do 23 de febreiro, convócanse probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015

Tendes toda a información na páxina www.edu.xunta.es/fp e nos seguintes arquivos:

 

    Orde do 17 de febreiro de 2015

    Calendario das probas

    Solicitude de inscricción para Ciclo Superior

    Solicitude de inscricción para Ciclo Medio

Distribuir contido