Escoitar, Aprender e Compartir

Máis do 95% do alumnado do IES de Chapela aprobou a ABAU na convocatoria ordinaria

O alumnado do 2º de Bacharelato do IES de Chapela coñeceu onte as cualificacións da convocatoria ordinaria da ABAU, na que máis do 95% dos presentados lograron superar a proba.

Parabéns a todas e todos por este resultado, e ao profesorado polo seu labor preparatorio ao longo de todo o curso!

Xornada final do programa de intercambio en liña co instituto Rocha Peixoto

O pasado 14 de xuño o grupo de alumnos e alumnas de 3ºESO participante no “Online Exchange”, celebrou a última xuntanza deste curso 22-23.  A conversa cos nosos socios, o alumnado do Instituto portugués Rocha Peixoto, en Póvoa de Varzim, foi fluída e distendida, xa que era o seu último día do curso escolar. A charla tratou sobre os plans para o verán e as súas impresións sobre o curso recén rematado.

A experiencia foi valorada moi positivamente tanto polo alumnado como polo profesorado, polo que intentaremos mantela para o vindeiro ano.

 

Foto Online exchange

Concentración no IES de Chapela en protesta pola nova oferta de FP

O IES de Chapela convoca a toda a comunidade educativa a unha concentración o venres 16 de xuño ás 11:30 horas no centro en protesta ante a decisión unilateral da Consellería de Educación de modificar a oferta de ciclos de FP para o vindeiro curso 2023/24. A nova oferta suprime os ciclos superiores de Dietética e Educación Infantil do réxime de persoas adultas na modalidade presencial para implantalos a distancia. Desde o centro non entendemos este cambio, xa que os ciclos presenciais contaban cunha gran demanda ano tras ano e o IES de Chapela era o centro público de referencia na comarca onde poder cursalos.

O cambio repentino na oferta de FP non é un feito exclusivo do IES de Chapela. Moitos outros centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia están vendo drasticamente modificada a súa oferta de FP, con moitos ciclos suprimidos, recortados ou transformados en ensino a distancia, mentres se autorizan novos ciclos presenciais en centros privados. Desde o IES de Chapela consideramos que esta situación é moi grave e supón botar por terra un modelo educativo que apostaba por unha FP pública, presencial e de calidade nunha clara manobra de privatización e precarización do ensino.

Teatro Radiofónico - 1º ESO

A continuación podedes desfrutar das doce obras de teatro radiofónico elaboradas polo alumnado de 1º ESO ao longo deste curso 22-23 na materia de Proxecto competencial.

Acoso á francesiña Mala influencias
   
Men in black The disaster
   
A chave do armario Unha historia cun pasado escuro
   
Grox na terra A Guerra de Hispagnia
   
A viaxe decisiva A obsesión é un tipo de abuso
   
Salvando a unha estrela O edificio dos asasinatos
   

Exames da convocatoria extraordinaria de bacharelato

Matrícula de alumnado de ciclos en 2º de Ordinario / FCT

O alumnado de ciclos que se matricule o vindeiro curso en 2º de Ordinario ou unicamente en FCT / Proxecto (Ordinario ou Modular) debe formalizar a matrícula de forma directa na secretaría do centro (sen facer admisión vía telemática). Para isto, establécense uns períodos escalonados de matrícula que haberá que respectar. Tedes a información sobre estes prazos e a documentación a presentar nas seguintes ligazóns:

 

 

Teatro Radiofónico - 3º ESO

A continuación podedes desfrutar das oito obras de teatro radiofónico elaboradas polo alumnado de 3º ESO ao longo deste curso 22-23 na materia de Proxecto competencial. Xunto ao audio de cada peza incorporamos a ficha técnica cos nomes dos alumnos e alumnas que escribiron os guións, o reparto vocal, música e efectos empregados, e unha pequeña sinopse da obra.

 

2048: unha odisea en Chapela

Ficha técnica

Chernobyl - 1986

Ficha técnica

Día a día nas sombras

Ficha técnica

Martina

Ficha técnica

   
O cadro da vida

Ficha técnica

Samuel

Ficha técnica

 
Seres

Ficha técnica

Tea que cortar

Ficha técnica

   

Fondo de Libros de Texto e Axudas Material Escolar

O IES de Chapela está incluído no proxecto de educación dixital (Edixgal) en todos os cursos da ESO, polo que o alumnado do IES de Chapela non pode participar no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, si que poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar (cheque de 60 € ou 75 €, dependendo da renda per cápita familiar) cando reúnan os requisitos establecidos na Orde do 10 de maio de 2023.

 

O prazo de solicitude é do 20 de maio do 2023 ata o 21 de xuño de 2023, ambos incluídos. 

 

Información resumida da Orde do 10 de maio de 2023 - IES de Chapela

 

Orde do 10 de maio de 2023 - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar      

 

Enlace con máis información á paxina da consellería

 

Enlace á aplicación para descargar os formularios

 

Enlace á sede electrónica para presentar solicitudes por este procedemento

Admisión de alumnado ESO e Bacharelato - Curso 2023-24

Curso 22-23

Distribuir contido