Primeiro Trimestre

Charla de Carlos Spuch sobre saúde mental

Hoxe tivemos a visita de Carlos Spuch, biólogo e investigador no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, para falarnos sobre saúde mental. Asistiu o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de bacharelato e parte do profesorado. Logo da charla houbo unha prolongada quenda de preguntas ao respecto.

Muller e deporte, na próxima sesión do Club da Igualdade

Este próximo luns día 13 de decembro, de 15.30h a 16:45h, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade. O tema escollido nesta ocasión é "Muller e deporte". Contaremos coa presenza dunha pioneira do balonmán: Cristina Fernández Piñeiro, a primeira muller árbitra internacional da historia (entre outras cousas, a primeira en pitar unha final de Champions).

Teatro contra a violencia de xénero

Este venres 26 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á representación de "DesAlento", unha acción escénica, creada e interpretada por Mónica Sueiro, que trata o maltrato psicolóxico. A peza transita polo metafórico e o simbólico para finalizar compartindo cos asistentes a vivencia de violencia sufrida no pasado pola propia creadora.

Dicimos NON á violencia contra as mulleres

No IES Auga da Laxe dicimos NON á violencia contra as mulleres nas súas diferentes manifestacións. Esta semana un grupo de alumnos e alumnas do Club da Igualdade atenderá nos recreos un stand no que se convida a alumnado e profesorado a reflexionar sobre todas as formas de violencia machista e a plasmar nunha tarxeta a que queren dicir NON.

Certame Provincial de Regueifas

Este venres 19 de novembro celebrouse no centro social de Valadares (Vigo) a fase final do II Certame Escolar Provincial de Regueifas, na que participamos dez centros finalistas de entre máis de corent

Proclamación de candidaturas ás eleccións do Consello Escolar

A Xunta Electoral do centro para as eleccións ao Consello Escolar proclamou con data do 17 de novembro as candidaturas presentadas nos distintos sectores da comunidade educativa. As listaxes están expostas no taboleiro da entrada do instituto. Ábrese un prazo de reclamacións de dous días (18 e 19 de novembro).

Distribuir contido