Primeiro Trimestre

Proclamación de candidaturas para as eleccións ao Consello Escolar

A Xunta Electoral do IES Auga da Laxe, en reunión celebrada o 21/11/22, procedeu á proclamación de candidaturas nos distintos sectores da comunidade educativa para as eleccións ao Consello Escolar. Esta información está exposta no taboleiro de anuncios do centro. Ábrese un prazo de posibles reclamacións a estas candidaturas ata o 23 de novembro. Lebramos que as votacións terán lugar o martes 29 de novembro de 2022.

Convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2022

Segundo o establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se regulan os órganos de goberno dos centros públicos de ensino non universitario (DOG do 29/04/1988), modificado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9/8/1996) e en cumprimento da »

Programación de novembro de Espazo Lectura

O instituto é socio protector de Espazo Lectura, a asociación do Val Miñor dedicada ao fomento e animación da lectura en lingua galega.
Velaquí queda o programa de actividade de novembro de 2022.

 

No Club da Igualdade, falamos de racismo

O próximo luns 24 de outubro, ás 15.30h no salón de actos, teremos a primeira sesión deste curso do Club da Igualdade. Nela, falaremos de racismo e xenofobia a partir do máis cercano, dos prexuízos e estereotipos absurdos instalados entre nós. Para iso, contaremos coa presenza de Yosi Ledesma, de ACCEM e haberá tamén participación de alumnado do centro.

Programación de outubro de Espazo Lectura

O noso centro é socio protector de Espazo Lectura, a asociación do Val Miñor dedicada ao fomento e animación á lectura en lingua galega.
Velaquí queda a programación de outubro de 2022.

Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega volve co seu Programa de Bolsas para os estudantes que desexen cursar 1º de Bacharelato en Canadá e en Estados Unidos.
Tedes toda a información na seguinte ligazón:
Distribuir contido