Primeiro Trimestre

Volve o Club da Igualdade

Dentro do proxecto educativo transversal que imos desenvolver este curso arredor de temas vinculados coa igualdade, a inclusión e o respecto pola diversidade, vanse retomar as sesións do Club da Igualdade cunha saída a Vigo para asistir no cine Salesianos á proxección de Especiais, dentro da programación do Festival de cine inclusivo.

Programa de Bolsas Fundación Amancio Ortega

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para os estudantes que desexen cursar 1º de Bacharelato en Canadá e en Estados Unidos.
Tedes toda a información na seguinte ligazón:

O alumnado de 1ºESO visita os petróglifos Auga da Laxe

O alumnado de 1ºESO realizará este mércores 29 de setembro unha visita guiada aos petróglifos Auga da Laxe, que dan nome ao noso instituto. Para ocasión tan especial contaremos coas explicacións do arqueólogo Xosé Lois Vilar, que nos achegará ao rico patrimonio que garda a fermosa Serra do Galiñeiro. Logo da visita guiada, o alumnado, acompañado polos seus titores e polo profesorado do departamento de Educación Física, fará un roteiro para desfrutar da beleza da paisaxe.

Comezo do curso 2021-2022. Reunión coas familias.

Desde o IES Auga da Laxe, dámosvos a benvida ao novo curso 21-22. 

O profesorado do IES Auga da Laxe, en defensa do ensino público

O profesorado do IES Auga da Laxe, en defensa do ensino público. Non aos recortes!!!

Recorte de profesorado para o curso 21-22

Estamos estes días facendo exames de setembro e organizando o comezo do novo curso e atopámonos cunha desconcertante noticia: adxudícannos catro profesores menos que no curso pasado, tres menos que os que tiñamos antes da pandemia, un contexto que nos deixa nunha situación moi precaria á hora de atender as necesidades do instituto e que nos leva nalgúns niveis a grupos de arredor de 30 alumnos e alumnas, cun v

Distribuir contido