Primeiro Trimestre

Segunda reunión do Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual

Segunda reunión do Equipo de DIversidade Afectivo-Sexual: traede as vosas ideas e propostas sobre as cousas que vos gustaría que se fixesen desde o Equipo. Súmate!

Danza contra a violencia machista

Esta mañá, con motivo do 25-N, puidemos desfrutar da actuación de Lara Alonso, alumna de 2ºBach, quen bailou "Caza de pañuelos", un tema do rapeiro Rayden en contra das agresións sexuais ás mulleres.

Charlas do departamento de Economía

O departamento de Economía organizou este mes dúas charlas dirixidas ao alumnado das materias Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO e Economía de 4ºESO e 1º e 2º Bach.

Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual

O pasado xoves 14 de novembro celebramos a reunión inicial de constitución do Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual, que nace coa vontade de ser un espazo de reflexión e tamén un grupo de activismo para visibilizar a diversidade afectivo-sexual no instituto e na sociedade e contribuír a combater os prexuízos desde a información e a educación. Nas próximas reunións iranse deseñando as liñas de actuación.

 

Trixésimo aniversario

A semana próxima o noso instituto comeza unha nova década.

Club da Igualdade

Este próximo luns 18 de novembro teremos a segunda sesión do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a coñecer e reflexionar sobre a realidade e vivencias das persoas trans. Será de 15:30h a 16:50h na biblioteca do instituto.

Distribuir contido