Volve o Club da Igualdade

Dentro do proxecto educativo transversal que imos desenvolver este curso arredor de temas vinculados coa igualdade, a inclusión e o respecto pola diversidade, vanse retomar as sesións do Club da Igualdade cunha saída a Vigo para asistir no cine Salesianos á proxección de Especiais, dentro da programación do Festival de cine inclusivo. "Especiais" é unha película dos mesmos directores que "Intocable" que reflicte o traballo precario pero entusiasta dun centro que atende persoas con trastorno de autismo severo. A actividade, dirixida preferentemente a alumnado de 4ºESO e Bacharelato, terá lugar o venres 15 de outubro, con saída do instituto ás 16:30h e regreso arredor das 21:00h. O alumnado que queira participar ten que recoller unha autorización no patio central do instituto e entregarlla asinada, xunto con 2 euros, a Eva, profesora de Filosofía e coordinadora do Club da Igualdade, ou a Anxo, vicedirector. A película proxectarase en versión orixinal en francés con subtítulos en castelán.